Se che apetece pasar unha fin de semana nun albergue xuvenil facendo actividades de ocio con outros mozos e mozas interésache ler esta actividade.
EN QUE CONSISTE?:
A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.
Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.
CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?:
Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.
CANTO CUSTA?:
A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.
CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?:
O prazo de inscrición comezará o día 14 de outubro ás 11.00 horas.
COMO FAGO A INSCRICIÓN?:
No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.
A inscrición será unicamente en liña, mediante este formulario. Cumplimenta o que corresponda ao teu tramo de idade:
Modelos:
ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?:
No hay comentarios:
Publicar un comentario