Está aberto o prazo para matricularse nas Escolas Oficiais de Idiomas nas probas libres para certificar idiomas.
Inscrición: do 2 ó 20 de outubro ás 12´00h de 2023
Imaxe de Pixbay |
REQUISITOS:
- Ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro de 2023 en caso de matricularse no idioma cursado como primeira lingua estranxeira na ESO.
- Para o resto dos idiomas, cumprir 14 anos antes do 31 de decembro de 2023.
PRAZOS:
Preincripción: Do 2 ó 20 de outubro de 2023 ata as 12´00h.
Matrícula: Do 23 ó 31 de outubro.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición realizarase en liña, dende o enderezo seguinte:
https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
DOCUMENTACIÓN:
- Impreso de matrícula xerado pola aplicación.
- Resgardo do aboamento das taxas. Ver taxas.
- Fotocopia do DNI ou NIE
- Para o alumnado menor de 16 anos certificado onde se faga constar a primeira lingua estranxeira que se cursou na ESO.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL/DISCAPACIDADE:
Poderá solicitar adaptación das probas e deberá acreditar a súa condición.
DATA E LUGAR DAS PROBAS:
Celebraranse en xaneiro nas sedes das EOI, non se celebrarán nas seccións.
MÁIS INFORMACIÓN:
PRESENTACIÓN CON TODA A INFORMACIÓN, ELABORADA POLA EOI DA CORUÑA:
Ver enlace á publicación orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario