Páginas

viernes, 2 de junio de 2023

Probas de clasificación nas EOI

A Escola Oficial de Idiomas convoca as probas de clasificación para o acceso a estudos oficiais de idiomas no curso 2023-2024. 

Imaxe de Pixabay


Destinatarios: 

Alumnado que desexe matricularse nos estudos oficiais da Escola Oficial de Idiomas e xa teña coñecementos previos, de maneira que permite comezar os estudos por un curso superior ao primeiro en función do nivel de coñecementos que se obteña na proba.

Datas de celebración: 

Do 26 ó 28 de xuño de 2023.

Data de inscrición: 

Do 19 ó 22 de xuño de 2023. 

Taxas: 

17 euros por idioma. 

Requisitos: 

Para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOI:
  • 16 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
  • 14 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
Validez das probas: 
  • As probas de clasificación non certifican un nivel de lingua, senón que unicamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
  • A probas de clasificación non outorgan automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
  • O resultado das probas de clasificación terán unha vixencia de 2 cursos académicos para os efectos de preinscrición e matrícula nas EOI de Galicia

Máis información en: 





No hay comentarios:

Publicar un comentario