Páginas

viernes, 3 de noviembre de 2023

Guía para o desenvolvemento do plan de benestar emocional

En febreiro de 2021 a Consellería de Educación publicou un Plan de Benestar Emocional a disposición dos centros educativos cunha proposta de actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia. 

En outubro de 2023 acaba de publicar a Guía para o seu desenvolvemento.

Estes recursos enmárcanse na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025.

Esta última guía pretende recontextualizar o Plan de Benestar Emocional, adaptándoo á nova realidade pospandemia, así como facilitar a súa accesibilidade e posta en marcha nos centros, de xeito práctico e sinxelo.

A guía contén numerosas propostas grupais e individuais, para alumnado, profesorado e familias, para dar resposta a situacións cotiás de convivencia que se producen nos centros educativos. O fin último destas propostas é desenvolver a competencia socioemocional do alumnado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario