Páginas

viernes, 2 de febrero de 2024

Flexibilización do período de escolarización para o alumnado con Altas Capacidades Intelectuais

A flexibilización da duración do período de escolarización para o alumnado con Altas Capacidades Intelectuais é unha medida extraordinaria de atención á diversidade. 

Esta flexibilización consiste na redución dun ano escolar nunha ou máis etapas da escolaridade de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato. 

Nas etapas de Educación Primaria e Secundaria esta flexibilización poderá incluír tanto a impartición de contidos e a adquisición de competencias propias de cursos superiores como a ampliación de contidos e competencias do curso corrente, así como outras medidas. 

Polo tanto esta medida deberá ir acompañada dunha adaptación curricular e de medidas de enriquecemento.

Nas seguintes táboas podemos ver un resumo de como se leva a cabo esta medida nas diferentes etapas.

En PDF




CALES SON OS REQUISITOS PARA PODER RECIBIR ESTA MEDIDA:
  1. Estar acreditado/a como alumno/a con Altas Capacidades Intelectuais polos servizos de orientación dependentes da Administración educativa, isto é Departamento de Orientación dun centro docente ou Equipo de Orientación Específico.
  2. Cando se prevexa que esta é a medida máis adecuada para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización.
  3. Cando se adoptaran outras medidas de atención á diversidade anteriormente, como o enriquecemento.


OUTRAS CONDICIÓNS A TER EN CONTA PARA TOMAR A DECISIÓN:

A flexibilización supón un cambio moi importante na vida escolar dun alumno/a así como un gran esforzo  académico e social que terá que afrontar, polo que se deben analizar moi ben as consecuencias, as ventaxas e as desventaxas ou os posibles riscos. 
Por esta razón, é recomendable que se dean as seguintes condicións: 

  • Un claro diagnóstico de Altas Capacidades Intelectuais con perfil de superdotación e un claro talento académico.
  • Un alto rendemento académico e alta capacidade de estudo persoal. 
  • Que o alumno/a, os seus pais/titores legais e o centro docente desexen e consideren que esta é a mellor medida. 
  • Que teña adquiridos boa parte dos coñecementos fundamentais e competencias do curso que vai "eliminar", tendo en conta que o que non teña adquirido poderá desenvolvelo mediante a adaptación curricular que acompaña esta medida. 
  • Que teña un bo axuste socioemocional. 
  • Ter en conta, no caso de flexibilizar a etapa de bacharelato, que a nota media do 1º curso será a obtida nas probas extraordinarias. 


LEXISLACIÓN QUE DESENVOLVE ESTA MEDIDA:

  • ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 58. Flexibilización da duración do período de escolarización nas etapas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Artigo 59. Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato.
  • DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 20. Atención á diversidade

6. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación, poderá flexibilizarse conforme a normativa vixente, de forma que poida reducirse un curso a duración da etapa, cando se prevexa que esta é a medida máis adecuada para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización. Esta flexibilización poderá incluír tanto a impartición de contidos e a adquisición de competencias propias de cursos superiores como a ampliación de contidos e competencias do curso corrente, así como outras medidas.
  • DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 21.6 Atención á diversidade

6. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación, poderá flexibilizarse conforme a normativa vixente, de forma que poida reducirse un curso a duración da etapa cando se prevexa que esta é a medida máis adecuada para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización. Esta flexibilización poderá incluír tanto a impartición de contidos e a adquisición de competencias propias de cursos superiores como a ampliación de contidos e competencias do curso corrente, así como outras medidas.
  • DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 21. Atención á diversidade.

4. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación, poderá flexibilizarse conforme a normativa vixente, de forma que poida reducirse un curso a duración da etapa, cando se prevexa que esta é a medida máis adecuada para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización.
  • ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
1. Modifícase a letra a) do número 3 do artigo 59 da Orde do 8 de setembro de 2021, que queda redactada nos seguintes termos:

«a) As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado interesado presentarán unha solicitude de participación na proba extraordinaria de avaliación do primeiro curso de bacharelato, para a posible flexibilización, ante a dirección do centro docente onde foi admitido ou, de non ser o caso, no centro solicitado en primeira opción no proceso de admisión para cursar estudos de bacharelato, dentro do prazo dos cinco días hábiles primeiros do mes de xuño, e achegarán a documentación que xustifique os seguintes requisitos:
1º. Acreditación, polos servizos de orientación dependentes da Administración educativa, como alumnado con altas capacidades intelectuais.
2º. Certificación, da directora ou do director do centro, en que conste unha nota media igual ou superior a nove puntos obtida na segunda avaliación parcial.
b) A directora ou o director do centro que reciba a solicitude autorizará a realización da proba extraordinaria de avaliación se cumpre os requisitos indicados no punto anterior».

2. Modifícase a letra a) do número 4 do artigo 59 da Orde do 8 de setembro de 2021, que queda redactada nos seguintes termos:
«a) As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado autorizado á realización da proba a que se refire o punto anterior que cumpra os criterios de promoción ao segundo curso de bacharelato e acredite unha nota media do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria igual ou superior a nove puntos poderán presentar unha solicitude de flexibilización ante a dirección do centro docente en que realizaron as probas, dentro dos dous días hábiles seguintes á celebración das sesións de avaliación extraordinaria de bacharelato e da avaliación final de educación secundaria obrigatoria».





No hay comentarios:

Publicar un comentario