Publicouse a Resolución do 7 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2025/26.
NOTA: TODA A INFORMACIÓN NA RESOLUCIÓN DO 7 DE ABRIL
INSTRUCIÓNS QUE SE PUBLICAN:
b) Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática: anexo I.
c) Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais: anexo II.
d) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño: anexo III.
e) Ensinanzas artísticas superiores de Música: anexo IV.
REQUISITOS:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
- Título de Bacharelato. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel.
- Título universitario.
- Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores.
- Estar en posesión dun título de técnico superior.
- Para as persoas que manifesten unha competencia ou precocidade extraordinaria na disciplina de Música, e opten polo acceso a estas ensinanzas a partir dos 16 anos, deberán superar unha proba substitutiva dos requisitos de titulación.
2º Superar unha Proba específica de aptitudes:
- Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos.
- Están exentos de realizar esta proba os que teñan un título de Técnico superior en Artes Plásticas e Deseño e soliciten acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
- De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de ensinanzas artísticas superiores terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática o prazo rematará o 16 de xuño de 2025.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Música o prazo rematará o 23 de maio de 2025.
- As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/).
- Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
- Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
- Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro.
- Prezo: 64 euros.
PROBA ESPECÍFICA:
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos da resolución
- A superación da proba específica faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado.
MATRÍCULA:
As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados nos anexos da resolución.
- Convocatoria na web da Consellería de Educación.
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música e se regula a proba específica.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
No hay comentarios.:
Publicar un comentario