Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

domingo, 6 de mayo de 2018

Probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores sin requisito de titulación

Para o alumnado que non posúe os requisitos de titulación necesarios para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores (título de bacharelato ou equivalente), poderá substituír eses requisitos pola superación dunha proba de acceso que se convoca todos os curso en maio e que se celebra en xuño. 
Dita proba de acceso aparece recollida no artigo 6 das ordes do 21 de novembro de 2016 que establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores, e regúlase na convocatoria anual de admisión nestas ensinanzas
Imagen de Pixabay

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Normalmente no mes de maio de cada curso escolar. 

REQUISITOS:
  • Para as ensinanzas superiores de Música: 16 anos cumpridos no ano das probas.
  • Para as ensinanzas de ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 18 anos cumpridos no ano das probas.
  • Non ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Non estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente. 
INSCRICIÓN:

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible nos prazos establecidos cada ano para a admisión nas ensinanzas. 

Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos centros que imparten as ensinanzas.

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 

DATA, LUGAR E HORARIO DA PROBA:
A proba adoita realizarse a mediados do mes de xuño no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario e materias, das que hai que elixir tres:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

LIGAZÓNS PARA INFORMARSE:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...