Páginas

jueves, 5 de junio de 2025

Calendario escolar en Galicia para o curso 2025/2026

 A Orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2025/2026 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar:



COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 8 de setembro ao 19 de xuño, ambos incluídos.
  • Educación Secundaria, 1º curso de Bacharelato, 1º curso de Formación Profesional: Do 8 de setembro ao 19 de xuño, ambos incluídos. 
  • No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (PAU).
  • Ensinanzas de Réxime Especial: Do 8 de setembro ó  19 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e certificación. Poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas.
  • En 2º curso de ciclos formativos básicos, grao medio, grao superior: Do 8 de setembro ao 15 de xuño, ambos incluídos.

COMEDORES ESCOLARES
Os comedores escolares funcionarán desde o día 8 de setembro ata o 19 de xuño, incluídos.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o luns 22 de decembro ata o martes 7 de xaneiro, inclusive.
  • Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro (Luns, martes e mércores)
  • Semana Santa: desde o luns 30 de marzo ó luns 6 de abril, inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS:

  • Día do Ensino: Xoves 31 de outubro de 2025.
  • Día non lectivo: Luns 3 de novembro de 2025. 
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal: Según calendario laboral Galicia 2025 e 2026.
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase. 


PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora a 4º curso de Educación Infantil non se prolongará máis alá do día 12 de setembro de 2025.

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO:

A aplicación das probas da avaliación de diagnóstico correspondentes a 4º de EP e a 2º de ESO realizarase:
– Na educación secundaria  entre o 13 e o 17 de abril de 2026.
– Na educación primaria entre 20 e o 24 de abril de 2026.


ENVÍO DE PROGRAMACIÓNS E MEMORIAS:
  • PROGRAMACIÓN: Con carácter xeral, a dirección do centro remitirá as programacións didácticas á Inspección educativa antes do inicio das actividades lectivas.
  • MEMORIA: As direccións dos centros educativos enviarán ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente, antes do 10 de xullo de 2026, a memoria anual do centro.

AVALIACIÓNS :

  • DATA LÍMITE AVALIACIÓN INICIAL: 18 outubro
  • SESIÓNS AVALIACIÓN: Os centros docentes, facendo uso da súa autonomía, concretarán as datas das sesións de avaliación parciais procurando unha repartición equilibrada na duración dos períodos de cada avaliación e tendo en conta que a derradeira destas sesións debe coincidir coa data da avaliación final na educación infantil, na educación primaria, na ESO e coa data da avaliación final ordinaria do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico.
  • SESIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 1º BACH E 1º CB: A partir do 8 de xuño.
  • SESIÓNS AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA 1º BACH e 1º CB: A partir do 19 de xuño.
  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN FINAL DO RESTO DOS GRUPOS (EI, EP, ESO): A partir do 19 de xuño.
  • 2º BACHARELATO: As sesións de avaliación final ordinaria a partir do 12 de maio, e de avaliación final extraordinaria a partir do 10 de xuño.
  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN FINAL 2º CURSO DE CB, CM E CS: Os días 15 e 16 de xuño. 
  • ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL: A dirección propón á xefatura territorial.

PROBAS FINAIS E DE ACCESO:
  • PROBAS EXTRAORDINARIAS 1º BACH E 1º CB: Entre o 17 e o 19 de xuño.
  • PROBAS EXTRAORDINARIAS 2º BACH: Adecuaranse á data da sesión de avaliación (10 de  xuño). 
  • PROBAS EXTRAORDINARIAS GRAO ELEMENTAL E PROFESIONAL DE MÚSICA E DANZA: A partir do 22 de xuño. 
  • PROBAS DE ACCESO GRAO ELEMENTAL E PROFESINAL DE MÚSICA E DANZA: A partir do 8 de xuño. 

CONMEMORACIÓNS ORIENTATIVAS:
Ver anexo I da Orde. 


Disposición adicional primeira. Modificación do calendario escolar e comedores escolares:

1. As direccións territoriais, por circunstancias concretas de organización, poderán autorizar a modificación das datas de comezo e remate das actividades lectivas e de funcionamento dos comedores escolares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario