Páginas

▼

miércoles, 21 de enero de 2015

QUERO ESTUDAR UN CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, QUE TEÑO QUE SABER?

Se desexas estudar un ciclo de Formación Profesional Específica en Galicia consulta esta información:

1. ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO:
Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un ciclo de FP Básica ou a superación da proba de acceso para maiores de 17 anos. No caso de tero título de ESO ou equivalente deberase solicitar a admisión acreditando obrigatoriamente esta condición.  Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.

2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR:
Teñen acceso a un CS os que  posúan un título de Ciclo Medio, o título de Bacharelato, equivalente ou superada unha proba de acceso para maiores de 19 anos. No caso de houber máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno cursara unha modalidade de bacharelato preferente.  

Para a admisión deberá realizarse unha solicitude no mes de xuño, aproximadamente o 25 de xuño ó 3 de xullo.

Para informarse detalladamente sobre a Formación Profesional en Galicia pódese acceder ás seguintes ligazóns:
No caso de querer acceder a un ciclo de Formación Profesional noutra comunidade autónoma, accede á seguinte ligazón: PREINSCRIPCIÓN EN TODAS AS COMUNIDADES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario