Se desexas estudar un ciclo de Formación Profesional Específica en Galicia consulta esta información:
1. ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO:
Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un ciclo de FP Básica ou a superación da proba de acceso para maiores de 17 anos. No caso de tero título de ESO ou equivalente deberase solicitar a admisión acreditando obrigatoriamente esta condición. Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.
2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR:
Teñen acceso a un CS os que posúan un título de Ciclo Medio, o título de Bacharelato, equivalente ou superada unha proba de acceso para maiores de 19 anos. No caso de houber máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno cursara unha modalidade de bacharelato preferente.
Para a admisión deberá realizarse unha solicitude no mes de xuño, aproximadamente o 25 de xuño ó 3 de xullo.
Para informarse detalladamente sobre a Formación Profesional en Galicia pódese acceder ás seguintes ligazóns:
- COÑECE A FP
- COÑECE O DESEÑO DE CADA CICLO FORMATIVO
- LIGAZÓN COS FOLLETOS INFORMATIVOS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS
- INFORMACIÓN XERAL SOBRE A ADMISIÓN
- ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO MEDIO
- ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO SUPERIOR
- VINCULACIÓNS PREFERENTES ENTRE OS BACHARELATOS E OS CS
- OFERTA DE CICLOS
- DOCUMENTACIÓN QUE SE PRECISA PARA A ADMISIÓN E A MATRÍCULA
No caso de querer acceder a un ciclo de Formación Profesional noutra comunidade autónoma, accede á seguinte ligazón: PREINSCRIPCIÓN EN TODAS AS COMUNIDADES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario