Para o alumnado que non posúe os requisitos de titulación necesarios para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores (título de bacharelato ou equivalente), poderá substituír eses requisitos pola superación dunha proba de acceso que se convoca todos os anos en abril e que se celebra en maio.
Dita proba de acceso aparece recollida no artigo 6 das ordes do 21 de novembro de 2016 que establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores, e regúlase na convocatoria anual de admisión nestas ensinanzas.
Imagen de Pixabay |
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Normalmente no mes de maio de cada curso escolar.
REQUISITOS:
A proba adoita realizarse a finais do mes de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario e materias (ver última convocatoria ):
- Para as ensinanzas superiores de Música: 16 anos cumpridos no ano das probas.
- Para as ensinanzas de ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 18 anos cumpridos no ano das probas.
- Non ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Non estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente.
INSCRICIÓN:
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cumplimentando o formulario dispoñible nos prazos establecidos cada ano para a admisión nas ensinanzas.
O formulario está dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros:
– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
DATA, LUGAR E HORARIO DA PROBA:
A proba adoita realizarse a finais do mes de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario e materias (ver última convocatoria ):
9.30 horas: presentación.
Das 10.00 ás 11.00 horas: Filosofía.
Das 11.00 ás 12.00 horas: Historia de España.
Das 12.15 ás 13.15 horas: Lingua Galega e Literatura.
Das 13.15 ás 14.15 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Castelá e Literatura.
Das 10.00 ás 11.00 horas: Filosofía.
Das 11.00 ás 12.00 horas: Historia de España.
Das 12.15 ás 13.15 horas: Lingua Galega e Literatura.
Das 13.15 ás 14.15 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Castelá e Literatura.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS:
- Os exames de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Lingua Galega e Literatura constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
- Os exames de Filosofía e Historia de España constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá nun comentario a partir dun texto proposto.
CONTIDO DAS PROBAS:
- Tomarase como referencia o currículo de bacharelato recollido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese
VALIDEZ DA PROBA:
Terá validez permanente para o acceso ás ensinanzas artísticas
superiores correspondentes en todo o Estado.
LIGAZÓNS PARA INFORMARSE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario