A flexibilización da duración do período de escolarización para o alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) é unha medida extraordinaria de atención á diversidade.
Hai que ter en conta que a acreditación das necesidades educativas especiais corresponde aos servizos de orientación da Administración educativa.
Esta flexibilización consiste na ampliación dun ano escolar nunha ou máis etapas da escolaridade de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, unha vez esgotada a medida excepcional de repetición de curso dentro da etapa, e en Bacharelato, ampliando un ano por cada un dos dous cursos.
Nas etapas de educación primaria e secundaria esta medida deberá ir acompañada dunha adaptación curricular.
O proceso de solicitude e resolución da flexibilización da duración do período de escolarización realizarase a través da aplicación informática específica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Con carácter xeral, as medidas de flexibilización consignaranse no expediente académico do alumnado, indicando a resolución pola que se autorizaron.
Nas seguintes táboas podemos ver un resumo de como se leva a cabo esta medida nas diferentes etapas e no enlace pódese descargar o documento completo coas táboas por etapas.
1º ciclo de Educación Infantil:
2º ciclo de Educación Infantil:
Educación Primaria:
Educación Secundaria:
Bacharelato:
Lexislación:
- ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Artigos 58, 59 e 60 da Orde do 8 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario