Páginas

martes, 3 de julio de 2018

Continuidade entre as materias de Bacharelato

Resumo da lexislación respecto da continuidade entre as materias de bacharelato en Galicia.
Resultado de imagen de bachillerato

  • A superación das materias de 2º curso que se indican no anexo VI (ver cadro) estará condicionada á superación das correspondentes materias de 1º curso indicadas no devandito anexo, por implicar continuidade.
  • Non obstante, o alumnado poderá matricularse da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de 1º curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que se terá promoción a segundo.

  • O alumnado poderá cursar en 2º materias condicionadas á superación das correspondentes materias do primeiro curso non cursadas en 1º. 
  • Esta acreditación poderase realizar: 
a) Cursando e superando a correspondente materia de primeiro.
b) O alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo.
  • En calquera caso, a decisión de que o alumnado reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de 2º curso deberá adoptarse segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. 
  • O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba. A data límite para a realización desta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. Desta circunstancia deixarase constancia mediante unha dilixencia no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, por medio de observación no informe persoal por traslado. 
  • Esta materia de 1º curso non computará en ningún caso como materia exixible para reunir as condicións necesarias para poder presentarse á avaliación final da etapa.
  • No caso de cursar simultaneamente as materias de 1º e de 2º, a materia de 1º non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumno promocionou ao 2º curso. 
  • Cando, por motivo da organización do centro, o alumnado de 2º curso non poida asistir á clase da materia de 1º, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas, e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario