Páginas

martes, 3 de julio de 2018

Validacións para o alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais de Música e Danza


Resultado de imagen de música y danza
O alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais de Música ou Danza pode validar materias nas ensinanzas de réxime xeral de ESO e Bacharelato, cumprindo determinadas condicións.

Tamén será posible validar materias das Ensinanzas Profesionais de Música ou Danza tras superar determinadas materias de Bacharelato. 


(Entrada actualizada o 12 de abril de 2023)

LEXISLACIÓN:

A lexislación vixente na que se recollen as condicións para estas validacións é a seguinte:




VALIDACIÓNS EN BACHARELATO:



VALIDACIÓNS DA MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA:

Poderá solicitar a exención da materia de Educación Física en educación secundaria obrigatoria e bacharelato quen curse estes estudos e, simultaneamente, acredite ter a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento, ou realizar estudos das ensinanzas profesionais de danza.


ADAPTACIÓNS DO CURRÍCULO (Orde do 7 de xullo de 2010):
  • O alumnado matriculado na ESO e nas ensinanzas profesionais de música ou de danza, que non obteña as validacións establecidas, poderá ser obxecto de adaptacións do currículo da materia de música que consistirán en medidas de ampliación. 
  • Igualmente, o alumnado matriculado na ESO e nas ensinanzas profesionais de música ou de danza, poderá ser obxecto de adaptacións do currículo da materia de educación física. Estas adaptacións deberán estar dirixidas a potenciar e preservar a parte anatómica relacionada co instrumento e coa práctica da danza que o alumno ou a alumna estea a cursar.
  • Estas adaptacións serán aplicadas polos/as directores/as dos centros non sendo necesaria a avaliación psicopedagóxica. 

PROCECEMENTO PARA AS VALIDACIÓNS:
  • O interesado en solicitar a validación dunha materia de ESO ou de bacharelato ou, no caso de menores de idade, os seus pais ou titores legais presentarán durante o mes de setembro a solicitude de validación. 
  • Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que o alumno/a está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación.

MEDIDAS DE AXUSTE HORARIO PARA OS CENTROS QUE IMPARTEN BACHARELATO DE ARTES:
  • As direccións dos centros de educación secundaria en que se imparta a modalidade de bacharelato de artes, na súa vía específica de artes escénicas, música e danza, establecerán medidas de axuste no referente aos horarios do alumnado que curse simultaneamente as ensinanzas de educación secundaria e as ensinanzas profesionais de música ou de danza, co fin de facilitarlle, na medida do posible, unha dispoñibilidade horaria que lle permita unha maior dedicación aos estudos de música ou de danza.
  • Especificamente, cando se trate da realización das materias comúns do bacharelato, as direccións dos institutos organizarán unha oferta horaria consistente en agrupar as materias comúns na primeira franxa da mañá, co fin de facilitarlle ao alumnado a realización das materias específicas de música ou danza nos correspondentes conservatorios ou centros autorizados.
  • Cando os axustes horarios impliquen a saída por parte do alumno ou alumna menor de idade do centro en que curse as ensinanzas de réxime xeral, os pais, nais ou titores legais asumirán por escrito a súa total responsabilidade a partir do momento da saída da alumna ou alumno do centro educativo.
  • Cando, por outra parte, o alumnado que curse ESO abandone a aula durante a impartición das materias validadas pero permaneza no centro, a xefatura de estudos establecerá os procedementos necesarios para a atención deste alumnado durante o período lectivo das ditas materias.
  • Os centros de educación secundaria que non impartan a modalidade de bacharelato de artes, poderán dispoñer medidas de adaptación horaria para o alumnado de bacharelato que curse simultaneamente ensinanzas regradas de música ou de danza e ensinanzas de réxime xeral.

DOCUMENTOS:
Resultado de imagen de archivos





1 comentario: