Páginas

viernes, 24 de agosto de 2018

Estudar Idiomas nas Escolas Oficiais de Idiomas

Estudar nas Escolas Oficiais de Idiomas:
Infórmate do novo plan de estudos en vigor a partir do curso 2018/2019.


Resultado de imagen de escuelas oficiais de idiomas

Presentación ó novo plan de estudos de Idiomas: 

Resultado de imagen de novo plan de estudios idiomas eoi ferrol
EOI Ferrol

Lexislación recente:
Como se pode estudar idiomas?
O estudo dos idiomas pódese realizar de xeito non regrado en academias ou de xeito oficial e regrado nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estas últimas son centros especializados  no ensino dos idiomas.
Para acceder é condición indispensable ter 16 anos no ano natural en que se comenza o curso. Tamén se pode acceder con 14 anos cumplidos antes do 31 de decembro para estudar un idioma diferente da 1ª lingua estraxeira que se cursa en ESO.

Como se organizan? En catro niveis cun total de 6 cursos.
  • Nivel básico A1 e A2: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. Terá como referencia o nivel A2 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel intermedio. 
  • Nivel intermedio B1 e B2: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do  idioma oral e escrito a nivel xeral e específico. Terá como referencia co nivel B2 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel avanzado.
  • Nivel avanzado C1 e C2: corresponden ós niveis de perfeccionamiento do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas caracterízase polo dominio do idioma extranjero con moita precisión.
Acceso desde bacharelato e ESO:
  • De xeito transitorio para o vindeiro curso (18-19), en tanto o Goberno non determine as equivalencias correspondentes, o título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos do primeiro curso do nivel intermendio B1 do idioma da primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato. 
  • O título de ESO habilita para o acceso directo ao nivel Básico A2 na primeira lingua estranxeira cursada na ESO. 
A asistencia a clase pode ser diaria, intensiva ou alterna, podendo cursar estas ensinanzas nas seguintes modalidades:
  • Presencial: Acudindo ás clases presenciais, con dúas sesións semanais de dúas horas. 
  • Libre: Preparando o idioma por libre e presentándote ás probas libres de obtención do certificado de determinado nivel.
  • A distancia en Inglés: A través do programa That´s English que se emite diariamente no canal 2 da TVE pódese seguir as clases a distancia e ser axudado nunhas titorías para practicar a parte oral na escola oficial na que se formalice a matricula. Nas escolas facilítase o material necesario para preparar o curso.
Probas de clasificación:
O alumnado que acredite o dominio de competencias suficientes nun idioma poderá incorporarse a calquera curso trala superación da proba de clasificación
As probas de clasificación permitirá a incorporación ao curso que corresponda, segundo o resultado obtido, dos niveis básico, intermedio ou avanzado para aquelas persoas que posúan coñecementos previos nun ou máis idiomas. Estas probas celébranse en setembro. Enlace.

Probas de certificación:
Anualmente convócanse probas libres para a obtención dos certificados de diferentes niveis dos idiomas ofertados nas EOI.
O alumnado matriculado na modalidade presencial nas EOI nun curso final: terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promocionar, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior.
Na última convocatoria as probas celébráronse en febreiro e a matrícula foi en novembro. Enlace

Que idiomas se pode estudar?
Alemán, Inglés, Portugués, Francés, Italiano, Árabe, Galego, Ruso, Chinés, Xaponés,  Celga, Español para estranxeiros, dependendo da EOI. Ver oferta en Galicia. 

Nas seguintes escolas oficiais de idiomas:
A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Monforte de Lemos e nas súas seccións.

Que saídas laborais ten o estudo dos idiomas nas EOI?:
Os certificados que se obteñen teñen un recoñecido prestixio e téñense en conta en baremos para concesión de bolsas, intercambios, determinados empregos, titular nalgúns graos, acceso a mestrados, oposicións, etc. 

Ligazóns para obter máis información:
Ligazóns coas EOI de Galicia (ás seccións pódese acceder a través da web de cada EOI):

Escola Oficial de Idiomas da Coruña
Pepín Rivero, nº 11
15011 A Coruña
Telf: 981 279100/ 981145094
Fax: 981279116
Seccións en Carballo, Culleredo, Cee e  As Pontes de García Rodríguez.


Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Rúa Real 29
15402 Ferrol
Telf:    981 324025
Fax: 981 370145

Sección en Cedeira.

Escola Oficial de Idiomas de Lugo
Ronda Xosé Castiñeira, nº 1
27002 Lugo
Telf: 982284 893
Fax: 982284 894
Seccións de Burela e Sarria.

Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos
R/ Calvo Sotelo, 65 -27400 Monforte
Tel. e fax: 982410 300
Esta EOI non ten seccións.


Escola Oficial de Idiomas de Ourense
C/ Mestre Vide, S/N
32004 - Ourense
Telf: 988 36 60 73 |
Fax: 988 36 61 84 |

Seccións no Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín, Celanova e Rivadavia.

Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Celso Emilio Ferreiro s/n
36005 Pontevedra
Telf: 986 833018
Fax: 986 873970

Seccións en Pontevedra (IES Valle Inclán), Lalín,  A Estrada e Redondela.

Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo
R/ Virxe do Camiño s/n (Casa do Óptico) – 27700 Ribadeo, Lugo
Telf: 98212 96 57
Fax: 98212 00 28
Esta EOI non ten seccións.


Escola Oficial de Idiomas de Vigo
R/ Martínez Garrido, nº 17
36205 Vigo
Telf: 986260210
Fax: 986262599
Seccións en Vigo (IES Alexandre Bóveda), Tui, Cangas, Ponteareas e Nigrán.

Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
Bosque Desamparados, s/n
36600 Vilagarcía de Arousa
Telfs: 986 566 440 – 697 701 727
Fax: 986 501 019
Esta EOI non ten seccións.

Escola Oficial de Idiomas de Viveiro
R/ Lavandeiras, s/n -27863 Celeiro (Viveiro, Lugo)
Telf: 982551 745
Esta EOI non ten seccións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario