Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 2 de junio de 2023

Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2023/2024

A Consellería de Educación publicou a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023 coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2023-2024.

Nesta Resolución tamén se regula, ademais da admision, a organización académica das escolas oficiais de idiomas. 


REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023.
  • As persoas que acrediten o título de bacharelato terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma que acrediten como 1ª lingua estranxeira.

PREINSCRICIÓN :

1. ALUMNADO DE NOVO INGRESO:
  • Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscripción en liña durante o prazo establecido, de acordo coas instrucións que figuran no anexo II da Resolución.
  • A preinscripción será unificada para todas as escolas oficiais de idiomas, durante o prazo que vai do 26 de xuño ó 9 de xullo de 2023, a través da seguinte aplicación: https://www.eoidigital.com/preinsxunta
  • Poderase facer unha única preinscrición con 3 preferencias priorizadas de grupos nun máximo de 2 idiomas.
  • Ademais daquelas persoas que solicitan cursar estudos no 1º curso do nivel básico dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez, terá a consideración de alumnado de novo acceso para os efectos de preinscrición e adxudicación de prazas o seguinte: 
a) As persoas procedentes das probas de clasificación. 
b) As persoas que solicitan acceso directo por titulación. 
c) As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre. 
d) As persoas procedentes de traslado de expediente. 
e) O antigo alumnado que non estivese matriculado polo réxime oficial no curso 2022/23.

2. ALUMNADO OFICIAL DO CURSO 22/23 QUE DESEXE CONTINUAR ESTUDOS: 

O alumnado oficial do curso 2022/23 que desexe continuar estudos no curso 2023/24 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III da Resolución, e formalizar a matrícula nos prazos establecidos na Resolución. 


Acceso por PROBAS DE CLASIFICACIÓN:

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma:
  • As persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
  • As persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores.
O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula


Prazos para a MATRÍCLA:
  • Período de matrícula ordinaria: Do 10 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2022-2023 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2023-2024 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: Do 3 ao 21 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo de alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 3 e o 7 de xullo. 
  • A aplicación de matrícula pechará o día 21 de xullo ás 12.00 do mediodía.
  • Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 8 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición.

RENUNCIA OU PERDA DE MATRÍCULA:
  • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido perderá o dereito á praza asignada e só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, no caso de quedaren prazas vacantes.
  • A non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a Dirección, nos quince días seguintes ao inicio do curso académico, implicará a perda da condición de alumnado oficial, e a escola poderá dispor destas prazas para seren cubertas por outros/as aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.
  • O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate das clases do curso correspondente. A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente. As renuncias posteriores sí que computarán, agás casos excepcionais documentados.

MODALIDADE A DISTANCIA THAT´S ENGLISH:

O acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade a distancia
That’s English! será obxecto dunha normativa específica.

CERTIFICADOS CELGA:

Os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, regulados na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), permitirán o acceso, respectivamente, ás ensinanzas de galego dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...