Publicouse a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- CICLOS MEDIOS: Entre o 26 de febreiro e o 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
- CICLOS SUPERIORES: Entre o 29 de xaneiro e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
DATAS DOS EXAMES:
- PROBAS CICLOS MEDIOS: 23 de maio 2024
- PROBAS CICLOS SUPERIORES: 18 de abril 2024
- CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2024.
- CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2024.
CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 21 de decembro de 2024.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
- A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar nun centro educativo. Todos os centros porán a disposición das persoas solicitantes ordenadores conectados á rede e desde os que pderán imprimir as solicitudes xeradas.
- No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
- O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH:
- As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.
- Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.
- Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).
- A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.
CONSERVACIÓN DA CUALIFICACIÓN DAS PARTES SUPERADAS:
En caso de ter superada alguna parte da proba nas dúas convocatorias anteriores (2022 e 2023) pódese solicitar a conservación da cualificación, neste caso non é posible examinarse de novo das partes superadas.
VALIDEZ DAS PROBAS:
a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa partes específica da proba superada.
b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
(Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou).
(Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou).
1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica a seguir:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).
2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica a seguir:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 9.30 ás 13.00 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
- Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo II e VII da resolución).
CALENDARIO DAS PROBAS 2024: Enlace para imprimir calendario.
Ciclos Medios: Enlace para consultar a seguinte información.
- Acceso á nota informativa.
- Instrucións para facer a solicitude.
- Instrucións para a realización da proba.
- Sedes (lugares) para celebración da proba 2024
- Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.
Ciclos Superiores: Enlace para consultar a seguinte información.
- Acceso á nota informativa.
- Instrucións para facer a solicitude.
- Instrucións para a realización da proba.
- Sedes (lugares) para celebración da proba 2024.
- Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.
ENLACES PARA INFORMARSE:
- Enlace coa web da Consellería.
- Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior
- Información xeral proba de ciclos medios.
- Información xeral proba de ciclos superiores
- Enlace inscrición telemática.
- Exames de convocatorias anteriores: Ciclos superiores
- Exames de convocatorias anteriores: Ciclos medios
No hay comentarios:
Publicar un comentario