Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 11 de enero de 2024

Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior en Galicia 2024

Publicouse a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.


PRAZOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Entre o 26 de febreiro e o 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 29 de xaneiro e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

DATAS DOS EXAMES:
  • PROBAS CICLOS MEDIOS: 23 de maio 2024
  • PROBAS CICLOS SUPERIORES: 18 de abril 2024

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2024. 
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2024.


CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 21 de decembro de 2024.


SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • A solicitude tamén pode entregarse na secretaría dun centro calquera que imparta FP. Para isto hai que cumplimentar o documento (anexo I código de procedemento ED312C) a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, e a continuación xerar o documento que se deberá imprimir e presentar nun centro educativo.  Todos os centros porán a disposición das persoas solicitantes ordenadores conectados á rede e desde os que pderán imprimir as solicitudes xeradas.
  • No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH:
  • As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso. 
  • Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.
  • Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).
  • A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

CONSERVACIÓN DA CUALIFICACIÓN DAS PARTES SUPERADAS:
En caso de ter superada alguna parte da proba nas dúas convocatorias anteriores (2022 e 2023) pódese solicitar a conservación da cualificación, neste caso non é posible examinarse de novo das partes superadas.

VALIDEZ DAS PROBAS:

a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. O acceso a cada ciclo formativo de grao superior quedará determinado de acordo coa partes específica da proba superada.

b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.

DATAS E HORARIOS DA PROBA:

(Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou).

1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).

2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo II e VII da resolución).





CALENDARIO DAS PROBAS 2024:  Enlace para imprimir calendario. 




INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ESTA CONVOCATORIA:

Ciclos Medios: Enlace para consultar a seguinte información.
  • Acceso á nota informativa.
  • Instrucións para facer a solicitude.
  • Instrucións para a realización da proba.
  • Sedes (lugares) para celebración da proba 2024
  • Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.
Ciclos Superiores: Enlace para consultar a seguinte información.
  • Acceso á nota informativa.
  • Instrucións para facer a solicitude.
  • Instrucións para a realización da proba.
  • Sedes (lugares) para celebración da proba 2024.
  • Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...