A Consellería de Educación convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.
Tipo de axudas:
a) Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo, para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), de 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP, e de educación especial (EE).
c) Axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
Prazos de presentación de solicitudes e listaxes:
- Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 incluído.
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia se incorpore a un centro poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.
- O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obtivera praza en Ciclo Básico no curso 2024/25, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes dende a formalización da matrícula.
- Publicación de listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024.
- Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Pódese descargar aquí os anexos. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24.
Devolución dos libros de texto do curso 2023/2024:
Enlaces para informarse:
- Web da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
- Aplicación para a xestión: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
- Publicación: ORDE do 7 de maio de 2024.
Ayuda para los libros 2015/2016
ResponderEliminar