Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 29 de mayo de 2024

Fondo solidario de libros de texto e material escolar curso 2024-2025

A Consellería de Educación convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.




Tipo de axudas:

a) Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo, para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), de 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). 

b) Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP, e de educación especial (EE).

c) Axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar.


Prazos de presentación de solicitudes e listaxes: 
  1. Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 incluído. 
  2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia se incorpore a un centro poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025. 
  3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obtivera praza en Ciclo Básico no curso 2024/25, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes dende a formalización da matrícula.
  4. Publicación de listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024.
  5. Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B). 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Pódese descargar aquí os anexos. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24.



Devolución dos libros de texto do curso 2023/2024: 

Ao rematar o curso 2023/24, o alumnado beneficiario de libros de texto ou do material substitutivo dos libros cando sexa reutilizable, tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2024/25.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2024.


Enlaces para informarse:





1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...