Páginas

miércoles, 27 de mayo de 2026

Premios Extraordinarios de Bacharelato para os que remataron no curso 2025/2026

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2025-2026.

Imagen en Pixabay

REQUISITOS:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2025-2026 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (sen ter en conta a nota de Relixión).


CÁLCULO DA NOTA MEDIA:

A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.2 Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño):

Artigo 31.2. da orde do 26 de maio: 
  • O título de bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida, que se obterá calculando a media aritmética das cualificacións de todas as materias cursadas, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.
  • Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modalidade, de vía ou de materias, só se terán en conta as cualificacións das materias cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata.

PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ó 8 de xuño de 2026.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE: 
  • O alumnado formalizará a súa matrícula na proba PEB empregando o anexo I que acompaña á Orde da convocatoria.
  • Presentará a súa solicitude de matrícula na secretaría do centro en que superase o segundo curso de bacharelato.
  • Os centros educativos de educación secundaria que impartan bacharelato tramitarán as solicitudes do seu alumnado que se presenten en tempo e forma para participar na proba PEB. Así mesmo, entregarán ao alumnado unha copia desta solicitude cunha dilixencia, asinada polo secretario/a do centro, onde conste a data de presentación, a modo de xustificante de presentación de dita solicitude.
  • Unha vez realizada a solicitude hai que estar atentos á publicación do listado provisional de inscritos na web, e de haber algún erro hai 3 días para realizar unha enmenda/ reclamación. 
  • Unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:

O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no 2º curso de bacharelato poderá solicitar a través do anexo I a valoración de medidas de adaptación dos tempos e/ou medios para a realización da proba. 
Xuntará unha petición concreta de adaptación e o informe psicopedagóxico emitido polo departamento de orientación do centro educativo onde cursase 2º curso de bacharelato que acredite a condición de necesidades específicas de apoio educativo nese curso.

CONSULTA DE LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO NA PROBA:

A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.gal/premiosedu.
Poderase solicitar información no enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal


REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

A proba estrutúrase en dúas partes:

1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:

1.1. Análise e comentario crítico dun texto ou textos, sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario. (Puntuación ata 20 puntos).
Para a resolución do exercicio será necesario usar as dúas linguas cooficiais, agás aquel alumnado que teña recoñecida a exención de avaliación na materia de Lingua Galega e Literatura que poderá realizar todo o exercicio en Lingua Castelá.

2. Segunda parte, que se desenvolverá en dúas horas:

2.1. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario e no idioma correspondente. (Puntuación ata 10 puntos cun decimal)

2.2. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre as seguintes (Puntuación ata 10 puntos cun decimal): 
  • Ciencias Xerais
  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Debuxo Artístico II
  • Análise Musical II
  • Artes Escénicas II

DATA DA PROBA:
  • A realización da proba terá lugar o día 16 de xuño de 2026 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49979).
  • En dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS: 

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacion ais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
5. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.


PROBAS REALIZADAS EN CURSOS ANTERIORES:


SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN DO PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO:

  • Unha vez superadas as probas cunha puntuación mínima de 25 puntos (10 puntos no exame de anállise e comentario crítico e 5 puntos no resto das probas) deberase solicitar a subvención do premio (1000 euros) no prazo dun mes desde a publicación das cualificacións definitivas.
  • As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.
  • Publicada a relación definitiva do alumnado admitido e as súas cualificacións, seleccionaranse as persoas candidatas coas 20 cualificacións totais máis altas para adxudicar a subvención.
  • En caso de empate entre persoas candidatas consideraranse os seguintes criterios de desempate:
1º. mellor cualificación da primeira parte da proba PEB,
2º. mellor cualificación no primeiro exercicio da segunda parte da proba PEB,
3º. mellor nota media á que se refire o artigo 4.b) desta orde,
4º. mellor nota media en segundo curso de bacharelato.
De persistir o empate, realizarase un sorteo.


ENLACES PARA INFORMARSE:








No hay comentarios:

Publicar un comentario