Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2025-2026.
![]() |
| Imagen en Pixabay |
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2025-2026 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (sen ter en conta a nota de Relixión).
CÁLCULO DA NOTA MEDIA:
A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.2 Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño):
Artigo 31.2. da orde do 26 de maio:
- O título de bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida, que se obterá calculando a media aritmética das cualificacións de todas as materias cursadas, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.
- Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modalidade, de vía ou de materias, só se terán en conta as cualificacións das materias cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata.
PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ó 8 de xuño de 2026.
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
- O alumnado formalizará a súa matrícula na proba PEB empregando o anexo I que acompaña á Orde da convocatoria.
- Presentará a súa solicitude de matrícula na secretaría do centro en que superase o segundo curso de bacharelato.
- Os centros educativos de educación secundaria que impartan bacharelato tramitarán as solicitudes do seu alumnado que se presenten en tempo e forma para participar na proba PEB. Así mesmo, entregarán ao alumnado unha copia desta solicitude cunha dilixencia, asinada polo secretario/a do centro, onde conste a data de presentación, a modo de xustificante de presentación de dita solicitude.
- Unha vez realizada a solicitude hai que estar atentos á publicación do listado provisional de inscritos na web, e de haber algún erro hai 3 días para realizar unha enmenda/ reclamación.
- Unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.
ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:
O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no 2º curso de bacharelato poderá solicitar a través do anexo I a valoración de medidas de adaptación dos tempos e/ou medios para a realización da proba.
Xuntará unha petición concreta de adaptación e o informe psicopedagóxico emitido polo departamento de orientación do centro educativo onde cursase 2º curso de bacharelato que acredite a condición de necesidades específicas de apoio educativo nese curso.
CONSULTA DE LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO NA PROBA:
Poderase solicitar información no enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal
O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o
territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.
DATA DA PROBA:
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacion ais de bacharelato.
A proba estrutúrase en dúas partes:
1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto ou textos, sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario. (Puntuación ata 20 puntos).
Para a resolución do exercicio será necesario usar as dúas linguas cooficiais, agás aquel alumnado que teña recoñecida a exención de avaliación na materia de Lingua Galega e Literatura que poderá realizar todo o exercicio en Lingua Castelá.
2. Segunda parte, que se desenvolverá en dúas horas:
2.1. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario e no idioma correspondente. (Puntuación ata 10 puntos cun decimal)
2.2. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha
materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre as
seguintes (Puntuación ata 10 puntos cun decimal):
- Ciencias Xerais
- Matemáticas II
- Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
- Latín II
- Debuxo Artístico II
- Análise Musical II
- Artes Escénicas II
DATA DA PROBA:
- A realización da proba terá lugar o día 16 de xuño de 2026 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49979).
- En dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba.
NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS:
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacion ais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións
académicas que se emitan.
5. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
PROBAS REALIZADAS EN CURSOS ANTERIORES:
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.
PROBAS REALIZADAS EN CURSOS ANTERIORES:
Publicadas aquí: Enlace ás probas doutros anos.
SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN DO PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO:
- Unha vez superadas as probas cunha puntuación mínima de 25 puntos (10 puntos no exame de anállise e comentario crítico e 5 puntos no resto das probas) deberase solicitar a subvención do premio (1000 euros) no prazo dun mes desde a publicación das cualificacións definitivas.
- As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.
- Publicada a relación definitiva do alumnado admitido e as súas cualificacións, seleccionaranse as persoas candidatas coas 20 cualificacións totais máis altas para adxudicar a subvención.
- En caso de empate entre persoas candidatas consideraranse os seguintes criterios de desempate:
1º. mellor cualificación da primeira parte da proba PEB,2º. mellor cualificación no primeiro exercicio da segunda parte da proba PEB,3º. mellor nota media á que se refire o artigo 4.b) desta orde,4º. mellor nota media en segundo curso de bacharelato.De persistir o empate, realizarase un sorteo.
ENLACES PARA INFORMARSE:
- Web da Xunta coa información
- Convocatoria: Orde do 25 de maio de 2026.
- Aplicación na web da Xunta para inscribirse nas probas
- En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.
- Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario