Publicouse a Resolución do 4 de abril coas instrucións para o acceso e admisión no Grao de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia para o curso 2023-2024.
Restauración del Pórtico de la Gloria |
NOTA: REVISAR AS DATAS NA RESOLUCIÓN DO 7 DE ABRIL
INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
- O prazo para inscribirse vai do 22 de abril ó 22 de maio de 2023.
- E ata o 26/06/2023 para as persoas que non teñan que realizar a proba substitutiva do requisito de titulación
- Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
REQUISITOS DE ACCESO:
Requisitos para o acceso directo:
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar esta proba específica de aptitudes quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas.
Deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario establecido nesta resolución.
Requisitos para o acceso mediante proba:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
- Título de Bacharelato. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.
- Título de licenciado ou graduado universitario.
- Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Título de Técnico Superior.
- Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. (proba substitutiva dos requisitos de titulación)
2º Superar unha proba específica de aptitudes:
- Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos.
- De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes
PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (proba substitutiva dos requisitos de titulación):
PROBA ESPECÍFICA:
- O día 30 de maio no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
- Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de abril.
- Publicación da listaxe de persoas que superaron a proba: 2 de xuño no taboleiro do centro e no portal http://www.edu.xunta.gal
- A proba ten validez permanente en todo o estado.
PROBA ESPECÍFICA:
- Celebraranse o 4 de xullo, de acordo co calendario establecido polo tribunal. Celebraranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
- Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptacións na proba (Ver resolución). Resérvase un 10% das prazas ofertadas en caso de discapacidade dun 33% ou máis.
- Resérvanse prazas para Deportistas de Alto Rendemento.
- A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
- Ver características da proba na Resolución do 4 de abril. O calendario e os horarios serán establecidos polo tribunal.
- Publicación das cualificacións: 7 de xullo no taboleiro de anuncios e na páxina web da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
- A proba versará sobre os seguintes exercicios:
Exercicio 1: Madureza e formación. Análise dun texto relacionado cos bens culturais que pretenderá apreciar madureza e formación xeral, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación será entre 0 e 40.
Exercicio 2: Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:
Exercicio 2: Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:
- Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
- Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
- Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida e cada parte, que se cualificará entre 0 e 20.
A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O 1º ponderarase nun 40% e o 2º nun 60%. Para a superación da proba esixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.
LISTAXE DE ADMITIDOS NAS ENSINANZAS:
O día 17 de xullo no portal edu.xunta.es
O día 17 de xullo no portal edu.xunta.es
MATRÍCULA NAS ENSINANZAS:
Entre o 18 e o 21 de xullo.
PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN:
No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias o 7 de setembro. Matrícula: 8 e 11 de setembro.
É MOI IMPORTANTE CONSULTAR ESTES ENLACES:
- RESOLUCIÓN de 4 de abril de 2023, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, por la que se dictan instrucciones para el acceso y la admisión del alumnado a las enseñanzas superiores de Conservación y Restauración de Bienes Culturales para el curso 2023/24.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e regula a proba específica.
- Web da Escola Superior de Conservación e Restauración
- Exemplos de probas de acceso. (O EXERCICIO 2 ELIMÍNASE DA PROBA). Tamén podes consultar exemplos na web da escola.
- Web da Consellería.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Máis sobre as Ensinanzas de Conservación e Restauración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario