Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 27 de abril de 2023

Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2023/2024

Publicouse a Resolución do 4 de abril  coas instrucións para o acceso e admisión no Grao de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia para o curso 2023-2024.

Resultado de imagen de restauración catedral de santiago
Restauración del Pórtico de la Gloria


NOTA: REVISAR AS DATAS NA RESOLUCIÓN DO 7 DE ABRIL


INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
  • O prazo para inscribirse vai do 22 de abril ó 22 de maio de 2023. 
  • E ata o 26/06/2023 para as persoas que non teñan que realizar a proba substitutiva do requisito de titulación
  • Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 

REQUISITOS DE ACCESO:

Requisitos para o acceso directo: 
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar esta proba específica de aptitudes quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. 
Deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario establecido nesta resolución.

Requisitos para o acceso mediante proba: 

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Título de Técnico Superior.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso.  (proba substitutiva dos requisitos de titulación)

2º Superar unha proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes
PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (proba substitutiva dos requisitos de titulación):
  • O día 30 de maio  no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
  • Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de abril.
  • Publicación da listaxe de persoas que superaron a proba:  2 de xuño no taboleiro do centro e no portal http://www.edu.xunta.gal
  • A proba ten validez permanente en todo o estado.

PROBA ESPECÍFICA:
  • Celebraranse o  4 de xullo, de acordo co calendario establecido polo tribunal. Celebraranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptacións na proba (Ver resolución). Resérvase un 10% das prazas ofertadas en caso de discapacidade dun 33% ou máis. 
  • Resérvanse prazas para Deportistas de Alto Rendemento. 
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
  • Ver características da proba na Resolución do 4 de abrilO calendario e os horarios serán establecidos polo tribunal.
  • Publicación das cualificacións: 7 de xullo no taboleiro de anuncios e na páxina web da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
  • A proba versará sobre os seguintes exercicios
Exercicio 1: Madureza e formación. Análise dun texto relacionado cos bens culturais que pretenderá apreciar madureza e formación xeral, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación será entre 0 e 40.

Exercicio 2: Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:
  • Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
  • Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
  • Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida e cada parte, que se cualificará entre 0 e 20.

A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O 1º ponderarase nun 40% e o 2º nun 60%. Para a superación da proba esixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.


LISTAXE DE ADMITIDOS NAS ENSINANZAS:
O día 17 de xullo no portal edu.xunta.es


MATRÍCULA NAS ENSINANZAS: 
Entre o 18 e o 21 de xullo.


PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN:
No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias o 7 de setembro. Matrícula: 8 e 11 de setembro.


É MOI IMPORTANTE CONSULTAR ESTES ENLACES:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...