Páginas

jueves, 12 de junio de 2025

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2025 en Galicia

A Consellería de Educación publicou a Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024 - 2025.

DOTACIÓN:
Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO. 

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:

Na primeira fase, o alumnado formalizará no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE), sen requisito de nota media. O único requisito é estar cursando ou ter cursado 4º de ESO no curso 2024/2025.

Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico. Para optar á subvención débense cumprir os seguintes requisitos: 
  • Ter rematado e superado os estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
  • Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9. Esta nota calcularase de acordo ao establecido na disposición adicional segunda do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, sen computar as cualificacións das ensinanzas de relixión e do proxecto competencial.
  • Terse presentado á proba PEE na convocatoria de 2025 e ter acadada unha cualificación total mínima de 30 puntos.
  • Ter acadada, como mínimo, unha cualificación de 5 puntos en cada un dos exercicios da proba PEE.

O PRAZO de presentación de solicitudes: 
  • Para presentarse á PEE: Do 12 de xuño ó 18 de xuño de 2025.
  • Para optar á subvención: Un (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEE

A MATRÍCULA NA PROBA: 

Presentarase a solicitude de matrícula na Secretaría do centro en que superase ou estea cursando 4º curso de ESO, empregando o Anexo I, onde se indicará:
  • Os datos persoais.
  • Os datos do centro educativo.
  • A lingua estranxeira cursada como primeira lingua. 
  • A opción de matemáticas cursada: Matemáticas A ou Matemáticas B.
O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no 4º curso de ESO poderá solicitar a través do anexo I a valoración de medidas de adaptación de tempos e/ou medios para a realización da proba. Xuntará unha petición concreta de adaptación e o informe psicopedagóxico emitido polo Departamento de Orientación do centro educativo onde cursase 4º curso de ESO que acredite a condición de necesidades específicas de apoio educativo nese curso.

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DA SUBVENCIÓN:  

Unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

As solicitudes (anexo IV) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición. 


PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 26 de xuño de 2025.

No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a. 

A proba está estruturada en dúas partes.
 
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso, a realizar nun máximo de 2 horas
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira lingua estranxeira
O alumnado con exención en lingua galega e literatura, quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 
b) 
Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso, nun máximo de 90 minutos:
  • Xeografía e Historia. 
  • Matemáticas A ou Matemáticas B (segundo o cursado polo alumnado).

PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS: 

Os centros educativos de educación secundaria tramitarán as solicitudes do seu alumnado que se presenten no tempo e na forma para participar na proba PEE. Así mesmo, entregarán ao alumnado unha copia desta solicitude cunha dilixencia, asinada polo/a secretario/a do centro, onde conste a data de presentación, a modo de xustificante de presentación da dita solicitude.


INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:
  • A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
  • Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es

ENLACES:







1 comentario:

  1. Me parece muy positivo porque es algo que ayuda a que los niños se esfuercen para conseguir esta beca y eso al final ayuda a muchos padres a sufragar los gastos de las escuelas, muy bueno el artículo Mónica

    ResponderEliminar