Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 6 de junio de 2024

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2024 en Galicia

A Consellería de Educación publicou a Orde do 29 de maio de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023 - 2024.

DOTACIÓN:
Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO. 

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
  • Ter cursado 4º de ESO no curso 2023/2024 no Réxime Ordinario en Galicia. 
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). 

O PRAZO de presentación de solicitudes será 
do 6 de xuño ó 5 de xullo de 2024 (un mes comezado o día 6 de xuño)


A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición. 


PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 4 de setembro de 2024.

No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a. 

A proba está estruturada en dúas partes.
 
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso, a realizar nun máximo de 2 horas
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira lingua estranxeira
O alumnado con exención en lingua galega e literatura, quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 
b) 
Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso, nun máximo de 90 minutos:
  • Xeografía e Historia. 
  • Matemáticas A ou Matemáticas B (segundo o cursado polo alumnado).

PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS: 

O centro enviará a Certificación académica de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflictan as notas dos catro cursos e a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.

Esta certificación enviarase ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal


INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:
  • A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
  • Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es

ENLACES:


1 comentario:

  1. Me parece muy positivo porque es algo que ayuda a que los niños se esfuercen para conseguir esta beca y eso al final ayuda a muchos padres a sufragar los gastos de las escuelas, muy bueno el artículo Mónica

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...