Páginas

viernes, 28 de abril de 2023

Admisión no Conservatorio Profesional de Danza de A Coruña 2023/2024

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña convoca o proceso de admisión nas ensinanzas de Danza (iniciación, elemental e profesional) para o curso 2023-2024.



GRAOS OFERTADOS: 

Iniciación: 
Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.

Elemental: 
Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. A idade mínima para acceder son 8 anos.

Profesional: 
Organízase en 6 cursos académicos. Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso. Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.


INSCRICIÓN:

Na secretaría do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña.
Nas datas seguintes:
  • INICIACIÓN, 1º GRAO ELEMENTAL: preinscricións até o 18 de maio de 2023.
  • RESTO DOS CURSOS GRAO ELEMETAL: preinscricións até o 22 de maio de 2023.
  • GRAO PROFESIONAL: preinscricións até o 23 de maio de 2023.

DATAS DAS PROBAS:
  • Iniciación: luns, 22 de maio de 2023.
  • 1º grao elemental: venres, 19 de maio de 2023.
  • 1º grao profesional: mércores, 24 de maio de 2023.
  • Resto de cursos grao elemental: martes, 23 de maio de 2023.
  • Resto de cursos grao profesional: xoves, 25 de maio de 2023.

ENLACES: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario