Imaxe de Pixabay |
Estrutúranse en:
- Ensinanzas de Grao Elemental: Comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes físicas e expresivas dos aspirantes relacionadas coa danza e co sentido musical, mediante unha proba. Neste grao non se obtén titulación, só un certificado acreditativo.
- Ensinanzas de Grao Profesional: Duración: 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Acceso: Non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba en xuño , que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar, os contidos tamén dependen da especialidade na que se queira ingresar. O alumnado que finalice estas ensinanzas poderá obter o título de bacharelato se supera unicamente as materias comúns da modalidade de Artes. Pódense simultanear estas ensinanzas coa ESO e o Bacharelato, para o cal se establecen validacións de materias. VER VALIDACIÓNS. , e ademais neste caso pódese cursar o bacharelato en tres anos.
- Ensinanzas de Grao Superior: Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos. Acceso: hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato ou equivalente, e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non se ten o bacharelato ou equivalente pódese acceder superando unha proba de acceso en xuño para maiores de 16 anos sobre algunhas materias de bacharelato. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario.
Especialidades:
- GRAO MEDIO: Baile flamenco, Danza clásica, Danza Española e Danza Contemporánea.
- GRAO SUPERIOR: Pedagoxía da Danza, Coreografía e Interpretación.
Oferta educativa:
Conservatorio Profesional de Danza de Lugo: Danza clásica e danza contemporánea.
Máis información:
Hola Mónica, tengo un alumno que ha cursado las enseñanzas de grado profesional de danza y quiere acceder a las enseñanzas superiores de Danza, pero no tiene el título de bachillerato, entiendo que puede acceder mediante la prueba de acceso en junio para mayores de 16 anos... pero sabes dónde se realizan esas pruebas? dónde podría encontrar más información sobre esa prueba? Un millón de gracias!
ResponderEliminar