Páginas

jueves, 27 de abril de 2023

Instrucións para a admisión nas Ensinanzas Superiores de Música 2023/2024

Publicouse a Resolución do 4 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2023/24.
Imagen de Pixabay


NOTA: REVISAR AS DATAS NA RESOLUCIÓN DO 4 DE ABRIL


REQUISITOS ACADÉMICOS:

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores.
  • Estar en posesión dun título de técnico superior. 
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 16 anos, ter superada unha proba de acceso (Proba substitutiva dos requisitos de titulación). 

2º Superar unha Proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • A media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos Estudos Superiores de Música terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.

INSCRICIÓN:
  • Prazo comprendido entre o 21 de abril e o 22 de maio de 2023. 
  • As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia. 
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 
  • Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro. 

PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DOS REQUISITOS DE TITULACIÓN):
  • Celebrarase o día 30 de maio de 2023 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
  • Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de abril de 2023 (Anexo I).
  • Publicación da listaxe definitiva de persoas que superaron a proba:  2 de xuño nos taboleiros de cada centro e no portal http://www.edu.xunta.gal
  • A proba ten validez permanente en todo o estado.

PROBA ESPECÍFICA: 
  • Comezará a partir do 12 de xuño de 2023 en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia, según calendario e horario establecido polo conservatorio.
  • Contidos da proba: Ver Orde do 21 de novembro de 2016. 
  • Ver características da proba na Resolución do 4 de abril de 2023 (Anexo II).
  • Publicación das cualificacións: O 16 de xuño nos taboleiros e na páxina web dos Conservatorios. 
  • A superación da proba específica faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado.

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 26 e 30 de xuño, ambos os dous incluídos.


PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN:
No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro.


É MOI IMPORTANTE CONSULTAR ESTES ENLACES: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario