Páginas

jueves, 27 de abril de 2023

Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2023/2024

A Consellería de Educación publica as instrucións para o acceso a Arte Dramática en 2023/2024 na Resolución do 4 de abril

Imaxe da ESAD de Galicia

Revisar as datas na Resolución do 4 de abril


REQUISITOS DE ACCESO:

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato. No caso de ter materias pendentes de bacharelato poderanse inscribir no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • Título de licenciado ou graduado universitario
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores.
  • Ter o título de técnico superior.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. (Proba substitutiva dos requisitos de titulación)
2º Superar unha Proba específica:
  • Superar unha proba específica, obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos ou superen a proba substitutiva. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, e axustarase ao disposto no artigo 5 da citada orde, segundo a especialidade para a que se opte.

INSCRICIÓN NO PROCESO:
  • Prazo comprendido entre o 25 de abril e o 22 de maio de 2023.
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas en caso de discapacidade de 33% ou superior. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 
  • Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia. 

PROBA PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DOS REQUISITOS DE TITULACIÓN):
  • Celébrase o día 30 de maio no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
  • Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de abril  (Anexo I)
  • Publicación das cualificacións definitivas: o día  2 de xuño, no taboleiro de anuncios de cada centro e do portal http://www.edu.xunta.gal
  • Validez da proba: Permanente en todo o territorio nacional.

PROBA ESPECÍFICA:
  • Data e lugar de celebración: Comezarán o 3 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo), de acordo co calendario establecido polos tribunais de cada especialidade. 
  • Ver características da proba na Resolución do 4 de abril (Anexo II). O horario e o calendario establéceo o tribunal. 
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.

Proba específica regulada según especialidades: 
A proba está regulada no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.
  • INTERPRETACIÓN:  Un mínimo de dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: Como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática, e nunha entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: Como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 18 e 25 de xullo.


PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO:
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer probas de acceso extraordinarias nos primeiros días do  mes de setembro.


2 comentarios: