Pixabay |
Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos, cunha titulación final equivalente a Graduado universitario.
Estrutúranse
en tres especialidades: Dirección de
escena e dramaturxia, escenografía e interpretación. Á súa vez as especialidades están divididas en itinerarios.
Especialidade
|
Itinerarios
|
Dirección escénica.
Dramaturxia
|
|
Escenografía
|
|
Interpretación textual
Interpretación xestual
Interpretación con obxetos
|
Admisión:
Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato ou equivalente, con 18 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de acceso en xuño sobre algunhas materias de bacharelato. ENLACE
Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato ou equivalente, con 18 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de acceso en xuño sobre algunhas materias de bacharelato. ENLACE
A Proba específica para cada
especialidade consta de 2 exercicios: ENLACE
- 1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático e análise dun fragmento dun ensaio teatral, que ten carácter eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba.
- 2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de carácter práctico.
A Proba de acceso para quen
non ten o requisto académico (bacharel ou equivalente) é unha proba común para acceder a ensinanzas artísticas superiores. ENLACE
Máis información sobre a ESAD de Galicia: Ver guía do alumno/a.
Custo da matrícula:
Arredor de 500 €. Non hai que abonar cantidades por outros conceptos ao tratarse dun centro público, agás o seguro escolar (1,12 €). Están previstos os descontos habituais noutros estudos como os de familia numerosa, diversidade funcional, etc.
Validacións doutros estudos:
Pódese solicitar recoñecemento de créditos por ter cursado estudos do mesmo nivel: ensinanzas artísticas superiores e/ou universitarias. O recoñecemento solicítase durante o período de matrícula.
Horario da Escola:
De 8:30 a 15:00 cun recreo de media hora. O centro permanece aberto de 8:00 a 21:00.
Residencia, comedor:
Non hai residencia, pero é moi doado compartir piso. No taboleiro da ESADg hai moita información. Existe unha cafetería con menú.
Visitar as instalacións:
Pódense visitar ben en de forma individual, ou ben de forma colectiva a través do centro onde estudes. Chama e concerta unha visita ou unha entrevista.
Dirección da ESAD:
En Vigo, no barrio de Navia, na rúa Poza Cabalo, s/n.
Podes informarte máis en:
Consultando na web a Guía do alumnado, chamando por teléfono 986 246 399, ou enviando un correo: esad.galicia@edu.xunta.es.
No hay comentarios:
Publicar un comentario