Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 30 de mayo de 2018

Estudar Música

Estas ensinanzas poden ser: 
  • REGRADAS: estúdanse en Conservatorios de Música e Centros Autorizados de Música (obtense un título con validez académica e profesional). 
  • NON REGRADAS: estúdanse en Escolas de Música (obtense un certificado).

Estrutúranse en: 

  • Ensinanzas de Grao Elemental: A idade mínima de acceso son os 8 anos. Comprenden 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes musicais dos interesados. 
  • Ensinanzas de Grao Medio: teñen unha duración de 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Para o acceso non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba, que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais do interesado. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se supera a as materias xerais do bloque de asignaturas troncais da modalidade de Bacharelato que o alumno elixa. Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato. VER VALIDACIÓNS COA ESO E BACHARELATO. 
  • Ensinanzas de Grao Superior: Teñen unha duración dun só Ciclo de 4 cursos. Para o acceso hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato ou equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non se ten o bacharelato ou equivalente pódese acceder superando unha proba de acceso en xuño para maiores de 16 anos sobre algunhas materias de bacharelato. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario.


Especialidades:
  • Especialidades nas ensinanzas profesionais: Acordeón. Arpa. Baixo eléctrico. Canto. Clarinete. Clavecín. Contrabaixo. Fagot. Frauta travesa. Frauta de bico. Gaita. Guitarra. Guitarra eléctrica. Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Instrumentos de puga. Óboe. Órgano. Percusión. Piano. Saxofón. Trompa. Trompeta. Trombón. Tuba. Viola. Viola da gamba. Violín. Violoncello.
  • As especialidades do grao superior son: Composición, Dirección, Produción e Xestión, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía. 


Onde se Pode Estudar Música? 

  • En Escolas de Música: Son centros públicos (normalmente de xestión municipal) ou privados que imparten ensinanzas non regradas de música dirixidas a aquelas persoas, sen límite de idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o acceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados (privados). 
  • Conservatorios de Música, que se clasifican en "Elementais" (imparten o grao elemental), "Profesionais" (imparten o grao Medio) e "Superiores" (imparten só o grao Superior). 


A que ámbitos profesionais se pode acceder ao rematar os estudos superiores de música? 

As persoas tituladas superiores en música nas especialidades que se ofrecen na Comunidade Autónoma de Galicia poden exercer nos seguintes ámbitos e, en xeral, como profesionais de calquera outro relacionado coa música que requira do seu grao de capacitación e especialización:
  • Interpretación en formacións e agrupacións propias do seu ámbito (orquestras, agrupacións de cámara, solistas, etc.).
  • Dirección de agrupacións (orquestra, coro, banda, etc.).
  • Composición de música, tanto para o ámbito tradicional do concerto como para os medios de difusión masiva.
  • Dirección de arranxos musicais.
  • Docencia das correspondentes especialidades ou xeneralista en universidades, conservatorios, centros de ensino obrigatorio, escolas de música e similares.
  • Edición científica de música.
  • Xestión de patrimonio musical.
  • Investigación, crítica en medios de comunicación xeral ou especializados, e asesoría musical.


CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA DE GALICIA

CONSERVATORIOS PROFESIONALES DE MÚSICA DE GALICIA

A Coruña:

Lugo:
Ourense:
Pontevedra:


MÁIS INFORMACIÓN:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...