Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.
Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".
Páginas
Translate
miércoles, 30 de marzo de 2016
martes, 15 de marzo de 2016
Protocolo para o alumnado con Trastorno do Espectro de Autismo (TEA)
A Consellería de Educación presenta o Protocolo de actuación para o alumnado con TEA (Trastorno do Espectro de Autismo).
miércoles, 9 de marzo de 2016
Características do BACHARELATO LOMCE
1. Os diferentes itinerarios de 1º e 2º de Bacharelato:
ACCESO:
3. Materias de 2º curso que esixen continuidade das de 1º curso:
4. Principais características do Bacharelato LOMCE:ACCESO:
- Estar en posesión do título de ESO.
- Estar en posesión do título de Técnico Medio (Ciclo de FP de grao medio) ou título de Técnico Superior (Ciclo de FP de grao superior).
- O título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño e o título Técnico Deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de Bacharelato.
PERMANENCIA:
Catro anos.
ORGANIZACIÓN:
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias.
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes.
Catro anos.
ORGANIZACIÓN:
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias.
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes.
ACCESO Á UNIVERSIDADE:
- Ao finalizar Bacharelato, en caso de querer acceder a un grao universitario, haberá que superar unha proba de acceso, denominada ABAU (Avaliación de Bacharelato de Acceso á Universidade).
- Máis información sobre a ABAU no seguinte enlace.
PROMOCIÓN E REPETICIÓN:
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
- Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas ou ter avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.
- Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque
- Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos una segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.
- A consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou alumna que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poida pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Máis información no seguinte enlace.
- Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou optar por repetir o curso completo.
- Máis información no seguinte enlace.
TITULACIÓN:
- O Título de Bacharel facultará para acceder ás distintos ensinanzas que constitúen a educación superior.
- Para obter o título de Bacharel será necesaria unha avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
ANULACIÓN DE MATRÍCULA:
- O alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
- A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderalle ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito.
- Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Neste sentido, correspóndelle a Consellería establecer as condicións de accesibilidade e deseño universal e os recursos de apoio que favorezan o acceso ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, e adaptar os instrumentos e no seu caso os tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado.
- A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente.
Enlace.
Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:
Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:
- DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.
- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 11 de maio de 2018: Instrucións para o desenvolvemento no curso académico 2018/19 do currículo ESO e bacharelato
- Orde do 3 de agosto de 2017: Ampliación de materias de libre configuración (DOG)
- Orde do 19 de abril de 2018: Organización das materias do bacharelato (DOG)
- Orde do 19 de abril de 2018: Organización das materias do bacharelato (DOG)Orde do 13 de xullo de 2016: Ampliación de materias de libre configuración (DOG)
- Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021
martes, 8 de marzo de 2016
Como é a ESO según a LOMCE (Galicia)
1. Como se organizan os itinerarios na ESO coa LOMCE:
2. Como se denominan cada unha das materias da ESO:
En ESO terás que estudar varios tipos de materias: troncias (xerais e de opción), específicas e de libre configuración.
DENOMINACIÓN DAS MATERIAS DE ESO
|
||
- Física e Química - Xeografía e Historia - Lingua Castelá e Literatura - Matemáticas - Primeira Lingua Estranxeira |
||
MATERIAS
TRONCAIS DE OPCIÓN
|
- Matemáticas aplicadas - Bioloxía e Xeoloxía (en 4º) - Economía - Física e Química (en 4º) - Latín - Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional - Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial - Tecnoloxía (en 4º) |
|
MATERIAS
ESPECÍFICAS
|
- Educación Plástica, Visual e Audiovisual - Segunda Lingua Estranxeira - Música - Tecnoloxía (en 2º e 3º) - Relixión - Valores Éticos - Artes Escénicas e Danza - Cultura Científica - Cultura Clásica - Filosofía - Tecnoloxías da Información e a Comunicación |
|
MATERIAS
DE LIBRE CONFIGURACIÓN
|
LC Autonómica
|
- Educación Financeira - Investigación e tratamento da información. - Oratoria - Paisaxe e sustentabilidade. - Programación - Promoción de estilos de vida saudable. - Xadrez. |
LC
do centro
|
3. Cales son as principais características da ESO coa LOMCE:
A etapa de ESO comprende dous ciclos:
1º Ciclo: 1º, 2º e 3º curso.
2º Ciclo: 4º curso con carácter propedéutico
Haberá tres tipos de materias: troncais, específicas e de libre configuración autonómica.
Poderase escoller cursar o 4º curso da ESO por unha das dúas seguintes opcións:
2º Ciclo: 4º curso con carácter propedéutico
Haberá tres tipos de materias: troncais, específicas e de libre configuración autonómica.
Poderase escoller cursar o 4º curso da ESO por unha das dúas seguintes opcións:
a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato.
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.
Non serán vinculantes as opcións cursadas en 3º de ESO.
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.
Non serán vinculantes as opcións cursadas en 3º de ESO.
PROMOCIÓN E REPETICIÓN NA ESO:
- Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo.
- Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea.
- De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción de un alumno con avaliación negativa en 3 materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:
a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas,
b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica,
c) Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.
- Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno con avaliación negativa en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, e sempre que se apliquen ao alumno ou alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.
- Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques.
- No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.
- As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas.
- Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes aos devanditos programas de reforzo.
- Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.
- Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de idade (ata os 19 anos).
- Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.
CONSELLO ORIENTADOR:
- Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do grao do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta.
- Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ou a un ciclo de Formación Profesional Básica.
- O consello orientador incluirase no expediente do alumno/a.
OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO:
- Para obter o título de Graduado en ESO requerirase ter avaliación positiva en todas as materias,ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultáneamente Lingua Galega e Literatura + Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura + Matemáticas. As materias coa mesma denominación nos diferentes cursos considéranse diferentes materias. Para a titulación o equipo docente deberá considerar que o alumno/a ten acadados o obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
- A nota media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa.
- En caso de que se obteña o título de Graduado en ESO pola superación da proba para persoas maiores de 18 anos, a cualificación final da ESO será a obtida na devandita proba.
- O título de Graduado en ESO permitirá acceder ás distintas ensinanzas postobrigatorias.
- Os alumnos que cursen a ESO e non obteñan o título ao que se refire este artigo recibirán unha certificación con carácter oficial e validez en toda España.
- Máis información no seguinte enlace.
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
- Adaptacións do currículo
- Integración de materias en ámbitos
- Agrupamentos flexibles
- Apoio en grupos ordinarios
- Desdobramentos de grupos
- Oferta de materias específicas
- Programas de mellora da aprendizaxe e o rendemento
- Outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Os centros terán autonomía para organizar os grupos e as materias de maneira flexible e para adoptar as medidas de atención á diversidade máis adecuadas ás características do seu alumnado e que permitan o mellor aproveitamento dos recursos de que dispoña.
A escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais en centros ordinarios poderá prolongarse un ano máis.
Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:
- DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.
- ORDE do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libreconfiguración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas deeducación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e asúa oferta.
- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015-2016 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Instrucións no curso académico 2016/2017 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO.
- Resolución do 11 de maio de 2018: Instrucións para o desenvolvemento no curso académico 2018/19 do currículo ESO e bacharelato
- Orde do 3 de agosto de 2017: Ampliación de materias de libre configuración (DOG)
- Orde do 7 de agosto de 2018: Amplíación das materias de libre configuración.Sociedade Inclusiva e Coeducación para o Século XX
lunes, 7 de marzo de 2016
#Oriéntate y conoce todos los estudios y grados en el Blog Orientapas
Comparto una recopilación que he realizado con todas las entradas elaboradas por Alberto Del Mazo en su Blog Orientapas. Contiene información clave para conocer practicamente todos los estudios y grados.
Aunque la oferta de estudios está adaptada a la Comunidad de Madrid, toda la demás información que nos proporciona es de interés para el resto de las comunidades.
Alberto nos ha presentado en su blog estas 47 entradas sobre estudios y carreras en la Semana de la Tuitorientación 2016, que forma parte del conjunto de Tuits que el equipo de Tuitorientadores ha realizado esta semana con el hashtag #Oriéntate.
O CONSULTA AQUÍ LA RECOPILACIÓN DE LAS 47 ENTRADAS SOBRE TODOS LOS ESTUDIOS Y CARRERAS
domingo, 6 de marzo de 2016
Guia PreUniversia 2016: "Qué hacer después del instituto"
Comparto esta guia para orientar a pre-universitarios/as, editada por UNIVERSIA, con información para los alumnos que terminen bachillerato.
Fuente: Este recurso lo han compartido muchos compañeros/as en sus blogs, pero citaré a COPOE, donde lo vi inicialmente.
Información de la guia:
- Opciones después de bachillerato
- La FP de grado superior
- Consejos para la PAU,
- La universidad
- Elección de la carrera profesional
- El mercado laboral
- Mobilidad internacional
Accede a la guia en PDF tocando la imágen o abre este ENLACE
Recursos online para orientarse en Bachillerato
Comparto este trabajo excelente que nos hace llegar la Orientadora Mabel Villaescusa a través de las redes sociales, elaborada por ella misma y Javier Agustí. Se trata de una presentación que recopila muchos recursos (blogs, apps, vídeos, ...) para la orientación académica de los alumnos de bachillerato.
"Los títulos de FP que triunfaron en 2015"
Enlazo una entrada del blog "Edulcoro el empleo 2.0" sobre los títulos de Formación Profesional de grado medio y superior que gozaron de mayores contrataciones registradas en el SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) en 2015.
sábado, 5 de marzo de 2016
miércoles, 2 de marzo de 2016
El sexo sentido. Documental sobre niños/as y adolescentes transexuales
Disforia de género, trastorno de identidad del género, transexualidad, ... incongruencias biológicas reales que a veces no se aceptan ni se respetan, pero que se pueden detectar ya a partir de los 3 años de edad.
En RTVE (Televisión a la carta) disponemos de un documental, retransmitido en 2014, con algunas claves detectarlo y con testimonios de niños y adolescentes.
Este magnífico documental ha sido premiado por diferentes colectivos por el cuidadoso trabajo realizado. Para ver más sobre este documental accede a este ENLACE.
(Fuente: mi compañera Victoria, a la que le encantan los
documentales y que me envía siempre temas muy interesantes)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)