Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

sábado, 30 de septiembre de 2017

Cambiar de modalidade en bacharelato

Tanto na lei anterior (LOE) como na actual (LOMCE) contémplase o cambio de modalidade en bacharelato baixo unhas determinadas condicións.
Imaxe de Pixabay

Esta decisión é recomendable cando o alumno/a ten claro que continuar pola actual modalidade pode supoñer un risco por non poder superalo, ou impide o acceso ós estudos superiores que desexaría cursar de seguir con ese itinerario.


Este cambio ten algunhas desventaxas que se deben considerar, como ter que cursar algunhas materias a maiores, polo que debe de ser un cambio meditado, onde se deben analizar os "pros" e "contras". Ademais hai que asegurarse de que o centro pode organizar ese cambio de modalidade.



Pódese cambiar dunha modalidade a outra (Ciencias, Artes, Humanidades_Ciencias Sociais), ou cambiar dun itinerario a outro (só no caso da modalidade de Humanidades_Ciencias Sociais). Pódese cambiar de modalidade/itinerario ao repetir primeiro, ao promocionar a segundo ou ao repetir segundo. En caso de facer o cambio ao repetir primeiro o procedimento é moi sinxelo, sólo hai que configurar a matrícula de 1º de forma libre, como se empezásemos de cero. Pero se o cambio é ao pasar a 2º ou repetir 2º pois haberá que cursar algunhas materias de primeiro da nova modalidade/itinerario. 



Antes de tomar a decisión recoméndase consultar co Departamento de Orientación do centro. 


En Galicia as condicións para o cambio de modalidade están descritas nas seguintes resolucións: 


Artigo 22. Cambio de Modalidade.

CANDO E COMO SOLICITAR O CAMBIO:

O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en calquera dos dous cursos de bacharelato. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses do primeiro curso, e antes do comezo das actividades lectivas do segundo curso


QUE MATERIAS HAI QUE TER CURSADAS Ó REMATAR 2º DE BACHARELATO PARA PODER TITULAR:

Ao finalizar o segundo curso de bacharelato, o alumnado deberá ter cursadas e superadas:
  • Todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade (ou itinerario no caso da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais) pola que remata.
  • Catro materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos tres deben ser da modalidade pola que remata, das cales dúas serán de segundo curso.
  • A materia de Educación Física.
  • A materia de libre configuración de Lingua Galega e Literatura.
  • Un mínimo de catro materias do bloque de materias específicas das cales dúas serán de primeiro e dúas de segundo. 
CAMBIO DE IDIOMA DA MATERIA DE PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA:

  • O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia primeira lingua estranxeira poderá incorporarse ás ensinanzas da lingua estranxeira II coa autorización do/da director/a do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso. 
  • A solicitude de cambio á dirección do centro realizarase no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas do segundo curso.
  • A dita materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso. 
  • Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado/a na materia de segundo. 
  • Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir ás clases de Lingua Estranxeira I, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporá ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia. 

QUEN AUTORIZA O CAMBIO:

A autorización de cambio de modalidade ou de itinerario, para o alumnado matriculado en centros privados, será realizada pola dirección do centro público ao cal estean adscritos, que deberá ter en conta o correspondente informe elaborado pola dirección do centro. No caso dos centros públicos autoriza o director do mesmo. 


CONDICIÓNS PARA FACER O CAMBIO  DE MODALIDADE AO PROMOCIONAR A SEGUNDO: 

O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de itinerario, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, de acordo coas seguintes condicións: 

a) Deberá cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de segundo e, no seu caso, as de primeiro que non tivera superado. 

b) Deberá cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario. 

c) Non será necesaria a superación da materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da modalidade ou do itinerario que abandona. 

d) Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de segundo curso, e polo menos unha de primeiro curso. 

e) As materias troncais de opción de primeiro curso superadas, da modalidade que abandona, poderán computarse: unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade, e outra como materia específica de primeiro da nova modalidade. 

f) A materia xeral superada do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandona de primeiro curso poderá computarse como materia específica de primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario. 

g) Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir ás clases das materias de primeiro que deba cursar como consecuencia do cambio de modalidade, estas materias trataranse de forma análoga ás pendentes e os departamentos didácticos que as imparten proporán ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programarán probas parciais para verificar a superación desas materias. 


CONDICIÓNS PARA FACER O CAMBIO DE MODALIDADE AO PERMANECER UN ANO MÁIS EN SEGUNDO CURSO: 
O alumnado que ao finalizar o segundo curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá cambiar de modalidade ou de itinerario nas condicións xerais establecidas nos puntos anteriores deste artigo. 


EXPEDIENTE ACADÉMICO: 
Dos cambios de modalidade ou de itinerario deixarase constancia mediante dilixencia no historial académico e no expediente académico.


CADRO DAS MATERIAS DE BACHARELATO:

Materias Troncais xerais
Materia Troncal propia
Materias Troncais de opción
Materias Específicas
Materias de Libre Configuración


1º BACHARELATO LOMCE
ARTES
HUMANIDADES
CIENCIAS
CIENCIAS SOCIAIS
HUMANIDADES
Lingua Castelá e Literatura I (3h)
Primeira Lingua Estranxeira I (3h)
Filosofía (3h)
Fundamentos da Arte I (4h)
Matemáticas CCSS I (4h)
Latín I (4h)
Matemáticas I (4h)
TRONCAIS DE OPCIÓN (ELIXIR 2 )
Hª Mundo Contemporáneo (4h)
Literatura Universal (4h)
Cultura Audiovisual I (4h)
Economía (4h)
Grego I (4h)
Literatura Universal (4h)
Hª Mundo Contemporáneo (4h)
Bioloxía e Xeoloxía (4h)
Debuxo Técnico I (4h)
Física e Química (4h)
Lingua Galega e Literatura I (3h)
Educación Física (2h)
A ELIXIR UN MÍNIMO DE 2 E UN MÁXIMO DE 3

Análise Musical I (3h)
Anatomía Aplicada (3h)
Cultura Científica (2h)
Debuxo Artístico I (3h)
Linguaxe e Práctica Musical (3h)
                                             Segunda Lingua Estranxeira (2h)                
Tecnoloxía Industrial I (3h)
Tec. Info. Comunicac. I (2h)
Volume (3h)
Relixión (1h)
Materia troncal non cursada (4h)   
Literaturas Hispánicas (2h)
Robótica (2h)
Antropoloxía (2h)
Libre configuración de centro (segundo dispoñibilidade horaria e oferta do centro)

2º BACHARELATO LOMCE
ARTES
HUMANIDADES
CIENCIAS
CIENCIAS SOCIAIS
HUMANIDADES
Lingua Castelá e Literatura II (3h)
Primeira Lingua Estranxeira II (3h)
Historia de España (3h)
Fundamentos da Arte II (4h)
Matemáticas CCSS II (4h)
Latín II (4h)
Matemáticas II (4h)
TRONCAIS DE OPCIÓN (ELIXIR 2 )
Cultura Audiovisual II (4h) Artes Escénicas (4h)
Deseño (4h)
Economía da Empresa (4h)
Grego II (4h)
Historia da Arte (4h)
Historia da Filosofía (4h) Obrigatoria
Xeografía (4h)
Bioloxía (4h)
Debuxo Técnico II (4h) Física (4h)
Xeoloxía (4h)
Química (4h)
Lingua Galega e Literatura I (3h)
A ELIXIR UN MÍNIMO DE 2 E UN MÁXIMO DE 3

Historia da Filosofía (4h)
Análise Musical II (3h)
Cienc. Terra e Medio Ambiente (3h)
Debuxo Artístico II (3h)
Fund.Admin. e Xestión (3h)
Hist. Música e Danza (3h)
Imaxe e Son (3h) Psicoloxía (3h)
                                          Segunda Lingua Estranxeira II (3h)         
Tec. Expresión Grafico-Plástica (3h)
Tecnoloxía Industrial II (3h)
Tec. Informa. Comunicación II (3h)
Relixión (1h)
Materia troncal non cursada (4h)
Xeografía e Historia Galicia (2h)
Electrotecnia (2h)
Patrimonio Artís. Cultural Galicia (2h)
Métodos Estatísticos e Numéricos (2h)
Lit. Galega S. XX e Actualidade (2h)
Ética e Filosofía do Dereito (2h)
Filosofía da Ciencia e Tecnoloxía (2h)
Libre configuración de centro (segundo dispoñibilidade horaria e oferta do centro)







2 comentarios:

  1. Mónica, en este caso tenemos que hacer caso a las instrucciones del 30 de Julio de 2020, o las dos Resoluciones que aquí indicas? Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Una duda al respecto, en este año tenemos que fijarnos en las Instrucciones del 30 de Julio 2020, o en estas dos Resoluciones que tú indicas en la explicación? Gracias.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...