O Equipo de Orientación Específico da Coruña (EOE) impulsou en 2012 a elaboración dun protocolo de coordinación entre os servizos educativos e sanitarios para a atención interdisciplinar ao alumnado con necesidades educativas especiais que o precise. Este protocolo foi consensuado polo EOE da Coruña cos departamentos de orientación, as tres unidades de saúde mental infanto xuvenil (USM-IX) da provincia (CHUAC, CHUS e ASPANEPS) e con representación do servizo de pediatría.
A finalidade deste protocolo é axilizar e mellorar a coordinación para a atención ao alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo entre os profesionais dos departamentos de orientación dos centros educativos, co asesoramento do EOE, se procede, e as Unidades de Saúde Mental Infanto-Xuvenil, a través do correspondente servizo de pediatría de atención primaria, sempre coa conformidade da familia, que actuará como canle de comunicación e coordinación do intercambio de información.
Unha vez aplicadas as medidas de atención á diversidade por parte do centro educativo, poderá iniciarse o Protocolo de Derivación á USM-IX co obxecto de solicitar aos servizos médicos unha valoración que permita completar a intervención global. O/a orientador/a do centro educativo cumprimentará este protocolo para que a familia o entregue ao médico pediatra, por se este estima necesario derivar a consulta á correspondente USM-IX.
Para as sucesivas consultas na USM-IX, utilizarase o Protocolo de Seguimento Psicopedagóxico no que se reflectirá a evolución do/a alumno/a dende a anterior cita do servizo de saúde mental infanto-xuvenil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario