Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 29 de mayo de 2018

Estudar Arte Dramática

Arte Dramática é unha titulación superior que se imparte na ESAD de Galicia, e equivale a un grao universitario.

Pixabay
Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos, cunha titulación final equivalente a Graduado universitario.

Estrutúranse en tres especialidades: Dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación. Á súa vez as especialidades están divididas en itinerarios.

Especialidade
Itinerarios
Dirección escénica.
Dramaturxia
Escenografía
Interpretación textual
Interpretación xestual
Interpretación con obxetos

Admisión: 
Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato ou equivalente, con 18 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de acceso en xuño sobre algunhas materias de bacharelato. ENLACE

A Proba específica para cada especialidade consta de 2 exercicios: ENLACE
  • 1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático e análise dun fragmento dun ensaio teatral, que ten carácter eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba. 
  • 2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de carácter práctico.

A Proba de acceso para quen non ten o requisto académico (bacharel ou equivalente) é unha proba común para acceder a ensinanzas artísticas superiores.  ENLACE


Máis información sobre a ESAD de Galicia: Ver guía do alumno/a. 

Custo da matrícula:

Arredor de 500 €. Non hai que abonar cantidades por outros conceptos ao tratarse dun centro público, agás o seguro escolar (1,12 €). Están previstos os descontos habituais noutros estudos como os de familia numerosa, diversidade funcional, etc.


Validacións doutros estudos:

Pódese solicitar recoñecemento de créditos por ter cursado estudos do mesmo nivel: ensinanzas artísticas superiores e/ou universitarias. O recoñecemento solicítase durante o período de matrícula.



Horario da Escola: 

De 8:30 a 15:00 cun recreo de media hora. O centro permanece aberto de 8:00 a 21:00.



Residencia, comedor:

Non hai residencia, pero é moi doado compartir piso. No taboleiro da ESADg hai moita información. Existe unha cafetería con menú.



Visitar as instalacións:
Pódense visitar ben en de forma individual, ou ben de forma colectiva a través do centro onde estudes. Chama e concerta unha visita ou unha entrevista.

Dirección da ESAD:
En Vigo, no barrio de Navia, na rúa Poza Cabalo, s/n.

Podes informarte máis en: 
Consultando na web a Guía do alumnado, chamando por teléfono 986 246 399, ou enviando un correo: esad.galicia@edu.xunta.es.


Máis información sobre estes estudos:
Na web da Consellería de Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...