Publicouse a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024 pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.
REQUISITOS DE ACCESO:
a) Título de graduado en ESO ou equivalente e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta.
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos no ano natural de celebración da proba, superar a proba substitutiva do requisito de titulación, ademais dos outros requisitos específicos.
c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
4º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
6º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
GRAO SUPERIOR:
a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, pódese requerir unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade, ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharelato, Técnico superior, Título universitario.
b) Sen título académico, e con 19 anos cumpridos no ano natural, superar unha proba substitutiva do requisito de titulación, ter o título de técnico deportivo da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
2º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
3º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
4º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
ACCESO PARA PERSOAS ASPIRANTES CON DISCAPACIDADE:
As persoas con discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás devanditas ensinanzas.
Para tal efecto, farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición e deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas deportivas, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e das condicións de realización da proba de acceso da modalidade deportiva que corresponda cunha antelación de 10 días á data da realización das probas.
EXENCIÓN DA REALIZACIÓN DA PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO:
As persoas solicitantes que aleguen mérito deportivo, substitutivo da realización da proba específica, no caso da modalidade de baloncesto, así como aquelas persoas que soliciten a exención da realización da proba específica noutras modalidades, farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición e presentarán, xunto con esa solicitude, os documentos acreditativos establecidos nela da correspondente modalidade ou especialidade deportiva, tendo en conta os requisitos e o período de validez da devandita condición establecidos na normativa en vigor.
A valoración dos méritos e a resolución sobre a substitución da proba específica ou exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
Ademais, poderán ser obxecto de exención da realización da proba específica de acceso, en cada unha das modalidades de ensinanza deportiva implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas que acrediten, con carácter xeral, a condición de deportista de alto nivel ou deportista de alto rendemento nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, para a modalidade deportiva correspondente.
As condicións da exención pódense consultar neste enlace:
O procedemento de solicitude de exención require a inscrición correspondente nas probas de carácter específico obxecto desta convocatoria, así como o pagamento dos prezos públicos correspondentes.
INSCRICIÓN NAS PROBAS:
- Proba substitutiva do título de ESO: do 8 de maio ó 26 de xuño de 2024.
- Proba substitutiva do título de Bacharelato: do 8 ó 20 de maio de 2024.
As persoas que, estando matriculadas en 4º ESO, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso actual, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido e realizar a proba específica. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba de carácter específico realizada.
A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos vinculados a cada modalidade deportiva, indicados no anexo IV da resolución, necesariamente naquelas nas que se van celebrar as probas.
Na modalidade deportiva de
fútbol, deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a
proba específica.
CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
- PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN DE ESO: O 5 de xullo de 2024 no IES San Clemente en Santiago de Compostela.
- PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN DE BACHARELATO: O 30 de maio de 2024, no IES San Clemente en Santiago de Compostela.
- PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO: Ó longo do mes de xullo, ver as datas na resolución. Cadro resumo.Cadro resumo.
- Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.
PRAZO DE MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS:
O prazo de matrícula das persoas aspirantes que superen o citado proceso de admisión a cada unha das ensinanzas deportivas abranguerá desde a data da publicación das cualificacións definitivas ata o 30 de xullo de 2024.
CENTROS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NAS PROBAS:
- Enlace coa Resolución do 9 de abril de 2024 e coa páxina da convocatoria: Publicación do calendario, requisitos de acceso, contidos das probas, listaxes, cualificacións... .
No hay comentarios:
Publicar un comentario