Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

sábado, 12 de septiembre de 2020

Calendario escolar Galicia 2020/2021

 A Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar:

COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño, ambos incluídos.
  • Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional: Do 23 de setembro ao 22 de xuño, ambos incluídos. 
  • No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
  • Ensinanzas de Réxime Especial: Do 23 de setembro ó  30 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e certificación.

COMEZO ESCALONADO DE CLASES POR COVID-19: MODIFICACIÓNS

De acordo coa Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21, as clases comezaban cun calendario determinado que o día 11 de setembro o Portal de Educación modificou, como se pode ver neste enlace.

As clases de secundaria obrigatoria, bacharelato, FP e FP Básica comezan unha semana máis tarde, según o seguinte calendario: 

ETAPA

CURSO

DATA DE COMEZO DAS CLASES 2020

Educación Infantil

4º, 5º

10 setembro

11 setembro

Educación Primaria

1º, 2º, 3º

10 setembro

4º, 5º, 6º

11 setembro

Educación Especial

Todos os cursos

10 setembro

ESO

1º, 2º

16 setembro 23 SETEMBRO

17 setembro 24 SETEMBRO

18 setembro 25 SETEMBRO

Bacharelato

16 setembro 23 SETEMBRO

17 setembro 24 SETEMBRO

Formación Profesional

1º CM

1º CS

16 setembro 23 SETEMBRO

2º CM

2º CS

17 setembro 24 SETEMBRO

FPB

18 setembro 25 SETEMBRO

Ensinanzas de Réxime Especial

Ensinanzas de artes plásticas e deseño.

Ensinanzas deportivas.

Memas datas que en FP

O resto das ensinanzas.

16 setembro, de acordo co calendario de probas de acceso e probas de certificación.

23 SETEMBRO



COMEDORES ESCOLARES
Os comedores escolares funcionarán en:
  • Educación primaria desde o día 10 de setembro ata o 22 de xuño.
  • Educación secundaria obrigatoria, desde o día 23 de setembro ata o 22 de xuño.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
  • Entroido: días 15, 16, 17 de febreiro
  • Semana Santa: desde o día 27 de marzo ó 5 de abril.

DÍAS NON LECTIVOS:

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis alá do 30 de setembro.  Esta medida poderá aplicarse, de xeito excepcional, tamén a outros alumnos e alumnas da etapa que o precisen para facilitarlle a volta ás aulas.


PROBAS FINAIS E PROBAS EXTRAORDINARIAS:

  • ESO: O alumnado de ESO con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final durante o mes de maio de 2021.
  • Bacharelato: Antes do 22 de xuño. O alumnado de 2º de bacharelato con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final que se adecuará ás datas previstas para a ABAU. A convocatoria extraordinaria destas probas deberá realizarse antes do 22 de xuño de 2021. As probas finais da convocatoria extraordinaria do segundo curso de bacharelato realizaranse entre o 16 e o 22 de xuño de 2021.

CONMEMORACIÓNS: 
Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 20 de novembro de 2020: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2020: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 3 de decembro de 2020: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– 10 de decembro de 2020: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2021: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2021: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 8 de marzo de 2021: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2021: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 8 ao 12 de marzo de 2021: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 7 de abril de 2021: Día Mundial da Saúde.
– Entre o 19 ao 23 de abril de 2021: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2021: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2021: Día de Europa.
– Do 10 ao 14 de maio de 2021: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2021: Día Mundial do Ambiente.

DESCARGA O CALENDARIO NESTE ENLACE:












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...