Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 7 de febrero de 2025

Probas de certificación nas Escolas Oficiais de Idiomas 2025

Publicouse a Instrución 3/2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2024-2025 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
NIVEIS E IDIOMAS:

A Consellería de Educación convoca probas para a obtención dos certificados dos niveis:
  • Básico A2 nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
  • Intermedio B1 nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
  • Intermedio B2 nos idiomas alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
  • Avanzado C1 nos idiomas alemán, francés, español como lingua estranxeira, galego, inglés, italiano e portugués.
  • Avanzado C2 nos idiomas alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

REQUISITOS PARA PRESENTARSE:
  • Cumprir alomenos 16 anos no ano natural da convocatoria, naqueles idiomas cursados como primeira lingua estranxeira.
  • Cumprir alomenos 14 anos no ano natural da convocatoria, naqueles idiomas non cursados como primeira lingua estranxeira.
  • O alumnado libre deberá pagar as taxas correspondentes.
  • O alumnado matriculado na modalidade presencial nas EOI nun curso final: terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promocionar, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior.
  • O alumnado do programa That’s English! terá que superar a proba de certificación de nivel básico A2 ao remate do módulo de nivel A2.4, B1.2, B2.4 ou C1.2, para acadar a certificación respectiva.
MATRÍCULA NAS PROBAS:

A matrícula realizarase en liña.

O prazo de matrícula vai do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025, ambos incluídos. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 23´59 do 12 de marzo.


CALENDARIO DAS PROBAS:
Meses de maio e xuño. Ver calendario nos anexos IV e V da 
Instrución 3/2025


ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:
O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar unha adaptación da proba cubrindo o formulario facilitado pola EOI (anexo III da  instrución). A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes do departamento territorial respectivo para que se determinen as adaptacións pertinentes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...