Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 1 de marzo de 2024

Redución de ratios en Galicia a partir do curso 2024/2025

O 17 de xaneiro de 2024 publicouse no DOG unha Resolución sobre o acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente entre a Consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino.

Imaxe de Pixabay


Según esta RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino, sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo, a partir do curso 2024/2025 redúcese progresivamente a ratio nas etapas de EI, EP, ESO e Bacharelato nas seguintes condicións:
  • No curso 2024/25 iniciarase o calendario de aplicación cunha ratio máxima de 20 alumnos/as en 4º de educación infantil. Esta ratio máxima de 20 alumnos/as por aula aplicarase de forma progresiva nas etapas de educación infantil e educación primaria nos sucesivos cursos.
  • As ratios máximas na ESO e no bacharelato serán de 25 e 30 alumnos/as por aula, respectivamente. A negociación do calendario de aplicación nestas etapas iniciarase coincidindo co remate da aplicación das novas ratios na etapa de educación infantil.
  • Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia ou cun trastorno grave da conduta acreditado computará, para os efectos desta ratio, como dous.
  • Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres.
  • Computará, para os efectos de ratios, o alumnado repetidor.
  • Nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas (aulas mixtas) serán de aplicación as ratios recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...