Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 27 de abril de 2023

Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2023/2024

Publicouse a Resolución do 4 de abril sobre o acceso ós Estudos Superiores de Deseño de Moda, Produtos, Interiores e Gráfico nas escolas de Artes de Galicia para o curso 2023-2024.
NOTA: REVISAR AS DATAS NA Resolución do 4 de abril


ESTES ESTUDOS IMPÁRTENSE NOS SEGUINTES CENTROS: 


REQUISITOS DE ACCESO: 

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño (teñen acceso directo sin teren que realizaren a proba específica).
  • Ter un título de técnico superior.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de acceso (proba substitutiva dos requisitos de titulación). 

2º Superar unha proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos, excepto para os que posúen un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes.
  • A superación da proba solo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
  • Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba acreditando documentalmente a súa condición de discapacidade (acreditación oficial). Resérvase un 10% das prazas en caso de discapacidade de 33% ou máis. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 

ACCESO DIRECTO: 
  • Terán acceso directo, sin ter que realizar esta proba específica de aptitudes os que teñan un título de Técnico superior en artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas ofertadas. 
  • Deberán participar igualmente no proceso de admisión. 

INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
  • O prazo de inscrición vai do  21 de abril ó 22 de maio de 2023 incluídos.
  • Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.

PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN):

PROBA ESPECÍFICA:
  • Celebrarase o 4 de xullo nas catro EASD de Galicia.
  • A proba está regulada no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 .
  • Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de abril.
  • Publicación das cualificacións: 7 de xullo nos taboleiros e na páxina web das ESAD.
  • A superación da proba  faculta, unicamente, para matricularse no curso académico para a que fose convocada.

1ª Parte da proba: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto. Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
2ª Parte: Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: 
  • 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A4. 2. 
  • 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución. 


PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS EN CADA ESCOLA E ESPECIALIDADE, POR QUENDA DE ACCESO DIRECTO E POR PROBA: 
1ª Adxudicación:  17 de xullo 
2ª Adxudicación: 26 de xullo


MATRÍCULA NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO:
1ª Adxudicación:  19 e 21 de xullo.
2ª Adxudicación: 27 e 28 de xullo.


PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN:
No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias o 7 de setembro. 
Matrícula: 8 e 11 de setembro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...