Comparto unha breve guia para avaliar o trimestre cos alumnos en titoría, que levo utilizando dende hai moitos curso e que elaborei eu mesma. Esta ferramenta ten moi boa acollida entre os titores e os alumnos. As conclusións ás que chegan poden ser trasladadas e analizadas tamén na xunta de avaliación, contribuíndo así a una análise bidireccional dos resultados académicos.
O guion a seguir é o seguinte:
1º Introducir a actividade cos alumnos para motivalos invitándoos a analizar o trimestre. O obxectivo é asumir os erros e buscar solucións e compromisos a nivel individual e grupal.
2º Os alumnos realizan a enquisa individualmente.
3º A continuación realizan un pequeno debate dirixido polo titor, tratando de responder a algunhas preguntas colectivamente.
4º O titor recolle as conclusións na plantilla de corrección e trasládaas á xunta de avaliación.
5º O titor realiza a post - avaliación (día de entrega de notas) devolvéndolles aos alumnos as conclusións ás que se chegou na xunta da avaliación, e que son de interese para clase como grupo.
Descarga GUION PRE - AVALIACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL
Para a 2ª Avaliación tamén podemos utilizar estas enquisas elaboradas polo Grupo de Orientadores de Cádiz
Para a 2ª Avaliación tamén podemos utilizar estas enquisas elaboradas polo Grupo de Orientadores de Cádiz
En PDF |
No hay comentarios:
Publicar un comentario