Guia elaborada pola Consellería de Educación con toda a información sobre a FP Básica en Galicia.
A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe alomenos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
QUE É E COMO SE ACCEDE Á FP BÁSICA?:
- Que título se obtén?
- Cal é a validez dos títulos?
- Cales son as vías de obtención do título profesional básico?
- Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
- Que hai que facer para matricularse?
- Cal é o período de admisión na FP Básica?
- Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
- Cales son as preferencias para cursar despois un ciclo medio?
- Documentación para a solicitude de FP Básica: ENLACE
PERFILES PROFESIONAIS DE FP BÁSICA:
Administración
e xestión
Agraria
Artes
gráficas
Comercio
e márketing
Electricidade
e electrónica
Edificación
e obra civil
Fabricación
mecánica
Hostalaría
e turismo
Informática
e comunicacións
Instalación
e mantemento
Imaxe
persoal
Industrias
alimentarias
Madeira,
moble e cortiza
Marítimo-pesqueira
CBMAP01 - Actividades
marítimo-pesqueiras
Servizos
socioculturais e á comunidade
Téxtil,
confección e pel
Transporte
e mantemento de vehículos
Vidro
e cerámica
NORMATIVA E OUTRA INFORMACIÓN SOBRE A FP BÁSICA:
- Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014-2015.
- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.
- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulanas ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.
- Resolución do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017-2018.
- Admisión.
- Currículos dos títulos profesionais básicos
- Preferencias dos títulos profesionais básicos nos ciclos de grao medio.
- Todo sobre a FP Básica neste blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario