Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 16 de junio de 2016

Atención á diversidade nos Ciclos Básicos de Formación Profesional

Nos Ciclos Básicos de Formación Profesional ofrécense varias posibilidades para acceder á oferta formativa no caso do alumnado con necesidade específica de apoio educativo ou necesidades educativas especiais. O alumnado poden optar por:
  • Solicitar admisión nos Ciclos Básicos pola reserva para persoas con discapacidade. 
  • Solicitar flexibilización modular: Temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado. 
  • Cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades.

1. SOLICITAR ADMISIÓN POLA RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
  • Do total de postos escolares que se ofrezan en cada ciclo (20 prazas), reservarase un 10 por cento para estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade. Aproximadamente corresponden 2 prazas por ciclo.
  • Para os efectos de ocupar postos escolares en cada ciclo, este alumnado computará o dobre.
  • Para a admisión haberá que presentar o certificado de discapacidade, só no caso de que non se autorice á consulta por parte da administración, ou se o organismo que emitiu o certificado no pertenze á Comunidade Autónoma de Galicia. 

2. FLEXIBILIZACIÓN MODULAR:
  • DESTINATARIOS: Alumnado con necesidades específicas de apoio incluídos os alumnos con Necesidades Educativas Especiais. 
  • Este alumnado poderá ser autorizado para cursar os módulos do ciclo formativo, mantendo a carga semanal prevista con carácter xeral para cada curso académico:
a) Cunha temporalización e distribución por cursos distinta á establecida con carácter xeral.
b) Excepcionalmente, de xeito fragmentado por cursos cunha ampliación a dous ou a tres anos.
  • O procedemento de solicitude de flexibilización modular será o seguinte:
Logo de comezado o curso académico e realizada a sesión de avaliación inicial, a dirección do centro presentará a solicitude no servizo territorial de inspección educativa correspondente para que se emita informe ao respecto. Á solicitude deberáselle xuntar a seguinte documentación:
  1. Informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo Departamento de Orientación ou polo Departamento de Información e Orientación Profesional en colaboración co profesor ou a profesora que exerzan a titoría.
  2. Conformidade expresa do pai e da nai, ou de quen teña asignada a representación legal do alumno ou da alumna, en caso de ser menor de idade, ou a súa propia, se é maior de idade.
  3. Fotocopia compulsada do expediente académico.
  4. Proposta da nova distribución horaria para cursar as ensinanzas, no caso dunha temporalización e distribución distinta á xeral, ou proposta de desenvolvemento curricular de cada módulo en máis dun ano, no caso da fragmentación por cursos e, de ser o caso, de medidas de reforzo educativo ou de adaptación do currículo dentro dos límites previstos na normativa vixente.
O servizo territorial de inspección educativa remitiralle toda a documentación, xunto co seu informe, ao xefe ou á xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a quen lle corresponderá a autorización ou denegación da flexibilización.

Por iniciativa tanto do servizo territorial de inspección educativa como da xefatura territorial, poderáselle requirir ao equipo de orientación específico a elaboración dun informe complementario ao respecto.
  • O prazo para presentar as solicitudes de flexibilización perante o servizo territorial de inspección educativa será ata o 31 de outubro de cada curso académico.
  • A resolución da autorización da flexibilización comunicarase ao centro no prazo dun mes, para a súa comunicación á persoa interesada.


3. PROGRAMAS ESPECÍFICOS ADAPTADOS:
  • DESTINATARIOS: Alumnado con necesidades educativas especiais. 
  • Este alumnado poderá cursar programas formativos adaptados ás súas necesidades que lles permitan dar continuidade á súa traxectoria académica ou profesional, nos centros educativos que a consellería con competencias en educación autorice. 
  • Os programas formativos terán unha duración dun curso académico. 
  • Estes programas inclúen módulos profesionais de títulos profesionais básicos e outros módulos de formación apropiados para a adaptación ás súas necesidades. Esta formación complementaria seguirá a estrutura modular e os seus obxectivos estarán definidos en resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos. 
  • Os programas formativos incluirán os seguintes módulos profesionais de títulos profesionais básicos:
a) Módulos asociados ao bloque común: Comunicación e sociedade I, e Ciencias aplicadas I.
b) Módulos asociados a unidades de competencia incluídos nalgún título de formación profesional básica.
c) Módulo de Formación en centros de traballo.

  • O alumnado matriculado nun programa formativo e que non o supere poderá repetir o programa unha soa vez. 
  • O módulo de formación en centros de traballo poderá ser obxecto de avaliación unicamente en dúas convocatorias. 
  • O alumnado que curse estes programas poderáselle realizar adaptación curricular nos módulos asociados aos bloques comúns e poderan solicitar tamén flexibilización modular. 
  • O alumnado que supere un programa formativo e se incorpore a un ciclo formativo soamente terá que realizar as actividades de ensino e aprendizaxe dos módulos profesionais pendentes de superar.

OFERTA DE PROGRAMAS FORMATIVOS: 
En Galicia temos a seguinte oferta de programas formativos: ENLACE







9 comentarios:

  1. Me ha gustado mucho este programa de FP para poder colgarlo en nuestra web, si no te importa voy a ver si lo descargo, muchas gracias por compartir

    ResponderEliminar
  2. Mónica, parabéns polo teu blogue de parte dun compañeiro do Insti. Precisaba información sobre os programas de fp básica e faciliteille esta ligazón do teu blogue. Polo tanto o meu deber era comunicarcho. Saudiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Lourdes, por partida dobre, a tí e ao teu compañeiro. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Acabo de atopar o teu blog por casualidade, está moi ben! Eu estaba buscando se as mestras de Audición e Linguaxe podemos dar apoio tamén na FP básica, pero na lexislación non o atopo. Sabes algo ó respecto?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En FPB non se contempla o apoio nin AL como MAD, pero se hai algun alumno con NEE certificadas, un ditame e existe o recurso no centro non vexo ningún inconvinte agás os recortes da Consellería. Mellor consúltao con Inspección.

      Eliminar
  4. Hola Monica
    Unha dubida que teño , e se os rapaces que fagan unha FP basica poderan obter o titulo da ESO .Alguns orientadores din que si e outros que obteran un titulo acreditativo de haber cursado dito ciclo pero que non equivale a Eso.
    Se me poderias facilitar informacion sobre isto agradeceriacho

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Prefiro que me chames por teléfono ó centro e explócocho mellor: Poden obter o título, sí, pero cumprindo determinadas condicións.

      Eliminar
  5. Hola Mónica, ante todo enhorabuena por tu blog.
    Me llamo Paula, soy orientadora laboral para personas con autismo y/o discapacidad intelectual. Tengo una duda con respecto a la FP básica, si consiguen el graduado en ESO sin adaptaciones significativas (adaptación metodológica pero no curricular) ¿podrían acceder igualmente a FP básica?
    Es que conozco a un par de chicos que si tienen TEA pero no DI y no se ven preparados para Ciclo medio y no existen muchos recursos para ellos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Paula. No, con título de ESO no pueden hacer FPB. Lo que pueden hacer es un ciclo medio en la modalidad de adultos, cuya oferta es modular. Un saludo.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...