Comparto un documento informativo para alumnado e pais sobre os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR) que veñen a substituír os antigos Programas de Diversificación Curricular (PDC).
QUE SON OS PMAR?
Os PMAR son unha forma excepcional e distinta de cursar 2º e 3º de ESO. Supón
un cambio na metodoloxía de ensino a favor daqueles alumnos e alumnas, que por
causas diversas, atópanse con dificultades para ir superando a ESO.
Para elo organízase
un grupo entre 5 e 10 alumnos/as aos cales se lle ofrecen axudas especiais para
que poida superar esas dificultades e así poder superar todas as materias.
CAL É O OBXECTIVO DESTES
PROGRAMAS?
Teñen por finalidade facilitar que os alumnos/as alcancen as
competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan
cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en
educación secundaria obrigatoria.
A QUEN ESTÁN DIRIXIDOS ESTOS PROGRAMAS?
A aqueles alumnos
que atopan algunhas dificultades para ir superando os cursos. Pero hai que
cumprir unha serie de requisitos, que son os seguintes:
|
Hai que presentar
dificultades relevantes que poden ser debidas a moitos factores, como atraso escolar, falta de base, ritmo de
aprendizaxe, mala organización do estudo, falta de adaptación, ..., pero nunca
causadas pola falta de estudo ou esforzo personal. Así que é necesario que o
alumno/a mostre na clase motivación, responsabilidade, esforzo personal, unha
actitude positiva para seguir aprendendo e desexos de acadar o Graduado en
Educación Secundaria.
PODE UN ALUMNO/A DECIDIR ENTRAR NUN PMAR?
A proposta de
alumnos/as é realizada polo equipo de profesores que lle dan clase, co
asesoramento do departamento de orientación, en base aos requisitos que
mencionamos antes.
O que si debe facer, o alumno/a elexido, no caso de
aceptar entrar no programa, é comprometerse a cumprir todas as obrigas e a
esforzarse ao máximo para acadar os obxectivos. Por suposto tamén pode rexeitar a medida.
Os pais deben ser debidamente informados e autorizar que o alumno/a curse este
programa.
Como podedes
ver, ésta é unha medida que se lle ofrece a certos alumnos/as, pero eles teñen a
última palabra para decidir se queren entrar ou non.
SE ENTRO NO PROGRAMA QUE COMPROMISOS TEÑO?
Unha vez que entres no programa debes ser consciente
de que tes a oportunidade de superar o curso con axuda individualizada. É unha
oportunidade que non debes desperdiciar.
O centro vai organizar moitos recursos para poder
axudarche: un aula específica, tres profesores que che impartirán a maior parte
das materias, un titor específico para o grupo, materiais adaptados, un horario
diferente, ... .
Ademais estás ocupando unha praza moi valiosa, e que
ao mellor outro alumno quedou fóra e tamén o podía necesitar. As prazas son
restrinxidas e non se pode pasar de 10.
Por estes motivos, debes mostrarte moi responsable, e
demostrar que te vas a esforzar ao máximo para aprobar todo. Se ti te esforzas,
podes estar seguro de que todo vai ir ben.
O que se che vai esixir é o seguinte:
- Que asistas
sempre a todas as clases.
- Que realices
todas as tarefas lectivas que che propoñan.
- Que realices
un estudo continuado de todas as materias. Deberás levar as
materias ao día.
- Que
sempre teñas os materiais preparados.
- Que
pidas axuda cando o necesites, cando non entendas, en caso de que te
perdas nas explicacións.
- Que sexas
colaborador cos teus compañeiros/as e axudes a quen o necesite.
- Que o teu comportamento na clase, cos profesores e cos compañeiros, sexa correcto.
COMO SE ORGANIZAN ESTES PROGRAMAS?
Como dixemos, son
unha medida de atención á diversidade, que consiste en facer un cambio na
metodoloxía de ensino, pero perseguindo os mesmos obxectivos da ESO, é dicir,
dando os mesmos contidos pero de xeito diferente. O que si se pode dar é un nivel
máis baixo en certas materias (contidos mínimos), nas que os alumnos/as teñan máis
dificultades.
Os principais
cambios son os seguintes:
a) Hai unha organización
distinta das materias:
-
Algunhas
materias únense nunha soa, e pasan a chamarse ámbitos.
- Estúdase
o fundamental de cada materia; o que é máis práctico e útil para continuar no curso seguinte.
b) Nas materias
fundamentais (ámbitos) o número de alumnos/as en clase debe ser de 10 como máximo. Isto
fai posible:
-
Unha
mellor atención individual.
-
Unha
mellor adaptación ás necesidades do alumnado.
-
O uso de métodos de
traballo diversos, máis prácticos e motivantes para o alumno/a.
-
Un
seguimento e apoio titorial máis cercano.
c) Mentres que
nalgunhas materias traballarase no grupo reducido, noutras recibirase clase cos
alumos doutro grupo de ESO.
d) Os alumnos/as do PMAR
teñen un titor específico para eles, e unha hora semanal de titoría.
CANTO DURAN ESTES PROGRAMAS?
Poden ser de dous
anos ou de un. No de dous anos cursarase 2º e 3º de ESO, e no de un ano só 3º
de ESO.
Para pertencer ao programa de 1 ou 2 anos
dependerá da situación académica na que se atope o alumno/a:
- Programa de 2 anos
(2º e 3º de ESO): Para os alumnos que proceden de 1º de ESO.
- Programa de 1 ano
(3º de ESO): Para os alumnos que proceden de 2º de ESO, ou están facendo 3º por primeira vez.
QUE MATERIAS SE CURSAN?
O horario semanal dos tres ámbitos de coñecemento que
compoñen o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será dun total de 20 horas semanais de clase + 1h de titoría.
Cada ámbito será
impartido por un único profesor.
Terás tamén unha
hora semanal de titoría, no grupo de PMAR, para o cal haberá un titor/a exclusivo
que será o encargado da orientación do alumnado, da súa atención personalizada
e da coordinación coas familias.
Os alumnos e as
alumnas que sigan un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terán
un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos
ámbitos.
2º de ESO
|
|||
GRUPO ESPECÍFICO
|
Ámbito lingüístico e social
|
Lingua Galega e
Literatura.
Lingua Castelá e
Literatura.
Xeografía e
Historia
|
9 horas
|
Ámbito Científico e matemático
|
Matemáticas
Física e Química.
|
8 horas
|
|
Ámbito de Lingua Estranxeira
|
Inglés ..., será a túa primeira lingua estranxeira.
|
3 horas
|
|
Titoría
|
1 hora
|
||
GRUPO ORDINARIO
|
Tecnoloxía.
Educación Física.
Relixión ou Valores éticos
Música
2ª Lingua estranxeira ou exención.
Unha materia de Libre Configuración de
2º, a escoller das que che oferte o centro.
|
3º de ESO
|
|||
GRUPO ESPECÍFICO
|
Ámbito lingüístico e social
|
Lingua Galega e
Literatura.
Lingua Castelá e
Literatura.
Ciencias Sociais
, Xeografía e Historia.
|
9 horas
|
Ámbito Científico e matemático
|
Matemáticas
orientadas ás ensinanzas aplicadas.
Física e química.
Bioloxía e
xeoloxía.
|
8 horas
|
|
Ámbito de Lingua Estranxeira
|
Inglés ..., será a túa primeira lingua estranxeira.
|
3 horas
|
|
Titoría
|
1 hora
|
||
GRUPO ORDINARIO
|
Tecnoloxía.
Educación Física.
Relixión ou Valores éticos
Música
Educación Plástica, Visual e audiovisual
2ª Lingua estranxeira ou Cultura Clásica.
|
CALES SON OS CRITERIOS PARA PROMOCIONAR?
Para promocionar hai que aprobar todas as materias do
programa, así como as materias pendentes de cursos anteriores.
Para a promoción téñense en conta os mesmos criterios
xerais da ESO. Podes promocionar con unha ou dúas materias suspensas,
excepcionalmente tres, e que non sexan simultáneamente matemáticas e linguas.
Por iso non poderás promocionar se suspendes algún dos ámbitos de tres
materias.
Se ao rematar o programa non estás en condicións de
promocionar poderás repetir curso, tendo en conta os criterios de ESO, de que
non se pode repetir máis de dúas veces na etapa.
Se accedes a un
programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento con materias pendentes de
cursos anteriores terás que realizar as actividades de reforzo e de apoio que
lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a
avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos
departamentos implicados.
QUE OPCIÓNS TEÑO AO
REMATAR O PROGRAMA?
Se conseguiche superar o programa, ao rematar 3º de PMAR terás as
mesmas opcións que se cursas 3º ESO pola vía ordinaria:
-
Incorporarte
a 4º de ESO pola opción de ensinanzas académicas de acceso á bacharelato.
- Incorporarte
a 4º de ESO pola opción de ensinanzas aplicadas de acceso a ciclos de FP de
grao medio.
A pesares de ter aberta calquera das dúas
opcións será máis doado cursar o camiño de ensinanzas aplicadas. Lembra que ao traballar os contidos con menos profundidade estarías menos preparado para cursar un bacharelato. Ao rematar darémosche un consello
orientador para axudarche a tomar unha decisión.
PERO ESTA VÍA É
MÁIS FÁCIL OU DIFÍCIL QUE A VÍA ORDINARIA?
Isto decídelo ti,
pero antes analiza as vantaxes e inconvenientes de cursar un PMAR:
VANTAXES
|
- Pode resultar
máis doado porque hai menos materias ao estar integradas en ámbitos.
- Pode resultar máis doado porque se estuda só o
fundamental de cada materia.
- Pode resultar máis doado porque é un grupo reducido
de alumnos e hai máis oportunidades de resolver as dúbidas e ter atención
personalizada do profesor/a.
- Hai menos
profesores e poden chegar a coñecer e comprender mellor as necesidades de
cada alumno/a.
- Ao ser poucos
alumnos o titor pode ocuparse mellor de que todos os profesores do grupo
teñan en conta as necesidades de cada alumno/a.
- As clases poden
ser máis motivantes porque se realizan actividades máis diversas e o traballo e esforzo diario terase moito en conta, non só o esforzo final dos exames.
|
INCONVENIENTES
|
- Hai máis traballo
diario e estás máis “controlado” polos profesores. Aquí non pasarás
desapercibido, todos os días tes que demostrar que te esforzas.
- Para cursar este
programa tes que separarte dos teus compañeiros de sempre e ao principio
podes sentirte pouco integrado.
- Debes esforzarte
ao máximo, levar a cabo un estudo diario e facer sempre todas as tarefas. Non
chega con estudar ao final para os exames.
- Non é seguro que
poidas aprobar (terás que aprobar todas as materias igual que na vía
ordinaria).
- Podes estar menos preparado para estudar o bacharelato, pero se non che interesa esta opción, non debes consideralo un inconveniente.
- Terás que estudar 4º de ESO pola vía ordinaria o cal vai supoñer un sobreesforzo.
|
COMO CONCLUSIÓN DEBES SABER QUE:
- Se cursas 2º por esta vía debes seguir tamén este camiño para cursar 3º.
- Debes comprometerte ao 100% en responsabilidade e esforzo.
- Deberás traballar a fondo para superar todas as materias e as dificultades.
- Os alumnos/as que entran nestes programas teñen capacidade suficiente para acadar o título e continuar estudos, non son menos que os demais, só precisan unha atención individual por parte do profesorado, unha metodoloxía diferente e unhas actividades de ensino máis prácticas.
SE DESEXAS CONSULTAR A LEXISLACIÓN AQUÍ TES OS ENLACES:
- RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE.
- RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE.
- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE.
- RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ENLACE.
Muchas gracias por el aporte.
ResponderEliminarSoy padre de un niño que está estudiando actualmente 1º ESO en A Coruña.
Estoy interesado en saber si todos los colegios de esta ciudad tienen que tener la posibilidad del PMAR. En caso de que sea negativo, me gustaría saber que colegios lo utilizan a día de hoy,tanto colegios públicos o concertados.
Esperando una respuesta.
Un saludo
Hola Antonio. Todos los centros (públicos o privados) pueden ofertarlo pero si no tienen un numero suficiente de alumnos (mínimo 5) no lo pueden impartir. En mi centro lo tenemos. Te recomiendo que llames por teléfono a los centros que te interesan y lo preguntes directamente. No está publicado en ningún sitio los centros que tienen PMAR. Si crees que tu hijo necesita el PMAR habla con el orientador de tu centro actual para que prepare la propuesta y, si va a cambiar de centro, asegúrate de que lo ofertan, haz la solicitud de plaza antes del 20 de marzo y comunica también a la dirección del centro nuevo de que ocuparía una plaza en PMAR. También puedes hacer tu consulta en Inspeccion educativa.
Eliminar