A Consellería de Educación publicou a ORDE do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal para o alumnado que rematou a ESO no curso 2023/2024.
DOTACIÓN: Un máximo de 20 premios cunha contía económica dun máximo de 1000 euros cada un.
REQUISITOS:
1. Ter rematado durante o curso 2023/24 4º de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
Deberán merecer
un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en
superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e
sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios. Deben estar nalgunha destas situacións:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.
b) En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 19 de agosto ó 18 de setembro do 2024
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos e identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
NOTIFICACIÓNS:
1. As notificacións efectuaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.
2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.
3. No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
OS CENTROS EDUCATIVOS:
Os centros educativos enviarán:
a) Certificación académica dos estudos de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de educación secundaria obrigatoria recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro en que se atope o expediente académico.
b) Informe do perfil da persoa aspirante redactado de acordo co indicado no artigo 12 da orde. O dito informe será elaborado pola Comisión establecida no artigo 11 da orde e nel darase conta das especiais condicións da escolaridade da persoa candidata ao premio.
ENLACES PARA INFORMARSE:
- ENLACE COA WEB DA CONSELLERÍA ONDE SE ANUNCIA OS PREMIOS
- ENLACE COA ORDE DO 19 DE XUÑO DE 2024 e CORRECIÓN DE ERROS
- ENLACE COA APLICACIÓN PARA REALIZAR A SOLICITUDE
- ENDEREZO PARA CONSULTAR DÚBIDAS: premios@edu.xunta.es
Absolutely fantastic job you have done here.This is so nice.Thanks for sharing.
ResponderEliminar