Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 6 de junio de 2024

Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2025/2026

A Consellería de Educación publicou a  RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025 coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2025-2026.

Nesta Resolución tamén se regula, ademais da admision, a organización académica das escolas oficiais de idiomas. 


REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): Pódese acceder a un curso superior por titulación, diploma ou certificado, así como por proba de clasificación. Consultar accesos directos por titulación na Orde do 21 de xuño de 2016.
  • As persoas que acrediten o título de bacharelato terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma que acrediten como 1ª lingua estranxeira. Así mesmo, as persoas que acrediten o título da ESO terán acceso ao nivel básico A2.

PREINSCRICIÓN :

1. ALUMNADO DE NOVO INGRESO:
  • Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscripción en liña durante o prazo establecido, de acordo coas instrucións que figuran no anexo II da Resolución.
  • A preinscripción será unificada para todas as escolas oficiais de idiomas, durante o prazo que vai do 16 de xuño ó 7 de xullo de 2025, a través da seguinte aplicación: https://www.eoidigital.com/preinsxunta
  • Poderase facer unha única preinscrición con 3 preferencias priorizadas de grupos nun máximo de 2 idiomas.
  • Ademais daquelas persoas que solicitan cursar estudos no 1º curso do nivel básico dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez, terá a consideración de alumnado de novo acceso para os efectos de preinscrición e adxudicación de prazas o seguinte: 
a) As persoas que solicitan cursar estudos no nivel básico A1 dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez. 
b) As persoas que solicitan acceso directo por titulación. 
c) As persoas procedentes das probas de clasificación (realizadas en 2024 ou  2025). 
d) As persoas que se incorporan ao ensino oficial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre. 
e) As persoas procedentes doutra EOI por traslado de expediente. 
f) O antigo alumnado que non estivese matriculado polo réxime oficial no curso 2024/25.

2. ALUMNADO OFICIAL DO CURSO 24/25 QUE DESEXE CONTINUAR ESTUDOS: 

O alumnado oficial do curso 2024/25 que desexe continuar estudos no curso 2025/26 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo II da Resolución, e formalizar a matrícula nos prazos establecidos na Resolución. 


Acceso por PROBAS DE CLASIFICACIÓN:

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma:
  • As persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
  • As persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores.
  • As persoas anteriormente matriculadas nun curso que non conduza á acreditación do nivel, aínda que estivesen matriculadas nos dous cursos anteriores. 
O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula.

As persoas que desexen realizar as probas de clasificación deberán inscribirse nos prazos fixados por cada EOI e aboar os prezos públicos establecidos para tal efecto. Poderán matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma.

Enlace ás probas de clasificación para o curso 2025/2026: 



Prazos para a MATRÍCULA:
  • Período de matrícula ordinaria: Do 9 ao 23 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2024-2025 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2025-2026 e resulte apto na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: Do 27 de xuño ao 7 de xullo, o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria.
  • O alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición deberá matricularse entre o 10 e o 21 de xullo de 2025. A aplicación de matrícula pechará o día 21 de xullo ás 23.59 horas.
  • Unha vez rematado o proceso de matrícula, e ata o día 19 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición.

RENUNCIA OU PERDA DE MATRÍCULA:
  • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido perderá o dereito á praza asignada e só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, no caso de quedaren prazas vacantes.
  • A non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a Dirección, nos quince días seguintes ao inicio do curso académico, implicará a perda da condición de alumnado oficial, e a escola poderá dispor destas prazas para seren cubertas por outros/as aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.
  • O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula ata o 15 de abril de 2026. A renuncia non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente.

MODALIDADE A DISTANCIA THAT´S ENGLISH:

O acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade a distancia
That’s English! será obxecto dunha normativa específica.
(Pendente de actualizar para o curso 2025/2026).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...