PRAZO DE INSCRICIÓN: do 26 de xuño ó 6 de xullo de 2023.
Data de adxudicación das prazas: 24 de xullo de 2023.
Estes estudos forman parte das ensinanzas da Educación Básica e da Formación Profesional do sistema educativo. Están organizados en perfiles profesionais os cales permitirán adquirir as competencias profesionais básicas dunha determinada profesión así como o título de Graduado en Educación Secundaria.
Imaxe de Pixabay |
Un total de 2000 horas repartidas en 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
QUE TITULACIÓN SE ACADA E QUE SAÍDAS TEN?
- Ao rematar obtense o título profesional básico na especialidade correspondente. Inclúe alomenos unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
- Adicionalmente, obterase o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título de técnico básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
- Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, aplicaranse criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio. Ver enlace.
- Inserción no mercado laboral de xeito cualificado. O título de Ciclo Básico ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
- Certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional da mesma familia profesional (Existen 5 niveis de cualificación profesional).
- Por obtención do título da ESO tamén se poderá acceder a outras ensinanzas postobrigatorias.
CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER A UN CICLO DE FP BÁSICA?:
Hai que cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos:
- Ter feitos os 15 anos ou facelos no ano de comezo do programa.
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
- Ser proposto/a polo equipo docente.
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
- Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, asignaranse as prazas seguindo o criterio de menor a maior idade.
MEDIDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE):
- O alumnado con NEE poderá ter adaptacións do currículo, e os referentes para a avaliación serán os incluídos nas correspondentes adaptacións sin que isto poida impedirlles a promoción ou titulación.
- Poderá tamén cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades. Nos centros de Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnado con NEE. Trátase de programas adaptados ás necesidades dos alumnos/as, onde poderán cursar módulos profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas necesidades.
- O alumnado con necesidades educativas especiais que curse un ciclo formativo de Grao Básico, para os efectos de ocupar postos escolares computará o dobre.
- Ver enlace.
QUE TIPO DE MATERIAS SE ESTUDAN NOS CICLOS BÁSICOS?
- Ámbito profesional: que incluirá unha serie de módulos profesionais que incluirán, alomenos, as unidades de competencia correspondentes a unha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Un dos módulos incluídos neste ámbito será o de Formación en Centros de Traballo (FCT).
- Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, que incluirá as seguintes materias: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua estranxeira de Iniciación profesional e Ciencias Sociais.
- Ámbito de Ciencias Aplicadas I e II, que incluirá as seguintes materias: Matemáticas Aplicadas e Ciencias Aplicadas.
A TITORÍA SEMANAL:
Cada grupo contará cun titor/a e cunha hora de titoría semanal onde se traballarán temas como por exemplo:
- Técnicas de estudo
- Habilidades sociemocionais
- Habilidades comunicativas
- Traballo en grupo
- Orientación académica e profesional
A AVALIACIÓN:
- Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos.
- Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos.
- Para promocionar haberá que superar todos os ámbitos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso.
- A avaliación realizarase por ámbitos e haberá duas convocatorias anuais para a superación ámbitos pendentes.
QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE?
Ó inicio do mes de xuño hai que preguntar nun centro de secundaria ou consultar no portal educativo edu.xunta.es/fp as datas exactas do presente curso académico. O procedemento consta de 3 fases:
1º Solicitude de praza, podendo solicitar ata catro ciclos formativos de grao básico por orde de preferencia.
2º Adxudicación da praza.
3º Matriculación: no centro adxudicado.
CALES SON OS PRAZOS DE ADMISIÓN?:
Os prazos do curso 2023/2024 son os que se sinalan a continuación:
- Presentación de solicitudes: Do 26 de xuño ó 6 de xullo ata as 13´00h.
Neste prazo deberase entregar no centro de orixe o consentimento dos pais (en caso de ser menor de idade) de incorporación a un Ciclo Básico (anexo IV). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
- Publicación da listaxe provisional de solicitudes: 10 de xullo.
- Reclamación á listaxe provisional de solicitudes: Do 10 ó 12 de xullo ás 13´00h.
- Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: 24 de xullo.
- Publicación de adxudicación de prazas: 24 de xullo.
- Matrícula das persoas con praza adxudicada: Desde o 24 de xullo.
- Publicación de ciclos básicos liberados: A partir do 24 de xullo.
COMO E ONDE REALIZAR A INSCRICIÓN:
- No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas da ESO (que cumpre 15 ou 16 anos en 2023) que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.
Tras rematar a avaliación final da ESO e antes de que finalice o período de solicitude (6 de xullo), a dirección do centro de orixe deberá contactar cos titores legais deste alumnado para comunicarlle a proposta, entregarlle un exemplar do consello orientador (anexo II), obter o consentimento de incorporación ó Ciclo Básico (anexo III) e entregarlle o documento de comunicación de incorporación ó ciclo básico (anexo IV).
- No resto dos casos (alumnado que faga 17, 18, 19, 20 no 2023, independentemente de que estivera escolarizado ou non no curso anterior), presentarán unha única solicitude de admisión, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos do 26 xuño ó 6 de xullo.
- No caso de alumnado de Ciclo Básico repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso, presentará unha solicitude no centro onde está matriculado no curso actual, do 26 de xuño ó 6 de xullo. A presentación da solicitude terá a condición de matrícula e este alumnado ten garantida a praza no seu centro e ciclo.
- No caso de alumnado de Ciclo Básico que quere cambiar de centro ou ciclo. Poden darse dous casos:
- Se ten 17 anos no 2023: Ten que solicitar a praza no novo centro ou no novo ciclo que solicita do 26 de xuño ó 6 de xullo.- Se ten 16 anos no 2023: Ten que facer reserva de praza no ciclo que está cursando e só poderá solicitar praza nun novo ciclo se este ten prazas liberadas.
COMO REALIZAR A MATRÍCULA:
Logo de publicada a listaxe do alumnado admitido, os centros de destino comunicaranse con este alumnado para realizar as correspondentes matrículas a partir do 24 de xullo. Recoméndase consultar os listados de adxudicación e contactar co centro adxudicado a partir do 24 de xullo.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PLAZAS:
- En xeral o número de prazas por ciclo é de 18, das cales un 10% serán reservadas para o alumnos/as que teñan recoñecida unha discapacidade.
- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
1º Alumnado que cursase 2º de ESO.2º Alumnado que cursase 3º de ESO.
3º Alumnado que cursase 4º de ESO.
- Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
- En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
- Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a Consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE:
- Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser menor de idade.
- Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director/a do centro de orixe.
- Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas ensinanzas (este anexo entrégase no centro de orixe).
- Anexo IV: Comunicación de incorporación ós Ciclos Formativos de Grao Básico de que foi proposto polo equipo docente, asinada polo Director do centro de orixe.
- Certificado de discapacidade (se procede).
- Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.
Administración e xestión
CBADG01 - Servizos administrativos
CBAFD01 - Acceso e conservación en instalacións deportivas
Agraria
CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais
CBAGA02 - Actividades agropecuarias
CBAGA03 - Aproveitamentos forestais
Artes gráficas
CBARG01 - Artes gráficas
Comercio e márketing
CBCOM01 - Servizos comerciais
Electricidade e electrónica
CBELE01 - Electricidade e electrónica
CBELE02 - Instalacións electrotécnicas e mecánica
Edificación e obra civil
CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios
Fabricación mecánica
CBFME01 - Fabricación e montaxe
CBFME02 - Fabricación de elementos metálicos
Hostalaría e turismo
CBHOT01 - Cociña e restauración
CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría
CBHOT03 - Actividades de panadaría e pastelaría
Informática e comunicacións
CBIFC01 - Informática e comunicacións
CBIFC02 - Informática de oficina
Instalación e mantemento
CBIMA01 - Mantemento de vivendas
Imaxe persoal
CBIMP01 - Peiteado e estética
Industrias alimentarias
CBINA01 - Industrias alimentarias
Madeira, moble e cortiza
CBMAM01 - Carpintaría e moble
Marítimo-pesqueira
CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras
Servizos socioculturais e á comunidade
Téxtil, confección e pel
CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe
Transporte e mantemento de vehículos
CBTMV01 - Mantemento de vehículos
Vidro e cerámica
CBVIC01 - Vidraría e olaría
OFERTA curso 2023/2024
Todos os Programas Formativos en Galicia (para alumnado con Necesidades Educativas Especiais)
OFERTA
DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E PROGRAMAS FORMATIVOS NA ZONA DE A CORUÑA 23/24
PARA CONSULTAR AS INSTRUCIÓNS, OS LISTADOS E TODO O RELATIVO ÓS CICLOS BÁSICOS:
http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica
http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica
LEXISLACIÓN QUE REGULA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO EN GALICIA:
Graciñas pola tua axuda!
ResponderEliminar