Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 12 de mayo de 2026

Convocatoria ordinaria da PAU 2026: matrícula e desenvolvemento da proba

A Consellería publica a convocatoria da PAU 2026  co resumo das instrucións para o alumnado. 

DATAS DOS EXAMES: 
  • 2-3-4 de xuño de 2026 (convocatoria ordinaria).
  • 30 de xuño,  1-2 de xullo de 2026 (convocatoria extraordinaria)

Imaxe de La Opinión A Coruña


ENLACE Ó TEXTO COMPLETO DA CONVOCATORIA:

https://ciug.gal/uploads/PDF/2026/Grupos_Traballo/69c6764d4d80c401112857convocatoriapau2026.pdf


TIPO DE MATRÍCULA E PRAZOS: 

Matrícula anticipada:

  • 4-18 de maio (convoc.ordinaria)
  • 11-15 de xuño (convoc.extraordinaria)

DOCUMENTACIÓN COMÚN: 

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula cumprimentado
  • Resgardo de ter aboados os prezos de matrícula na PAU. 


TAXAS DA PAU: 

  • Xeral: 63,67 euros.
  • Familia numerosa - xeral: 31,84 euros 
  • Familia numerosa - especial: gratuíta


NORMAS DE REALIZACIÓN:

  • Presentación: 9´00 h..
  • Permanencia na aula de exame: Tras a distribución dos exames, todas as persoas (estudantado, vogais da comisión delegada e representantes de centro) deberán permanecer na aula na primeira media hora (unha hora no caso do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo , nos exames que empezan media hora antes ca o resto do estudantado) de cada exame. 


CADERNO DE EXAMES:

  • En cada unha das probas entregaráselle a cada estudante un caderno de exame formado por dúas follas A3 grampadas (unha páxina de portada e sete páxinas A4 en branco) e unha cabeceira adhesiva. 
  • Para redactar as respostas o estudantado pode utilizar as sete páxinas en branco. 
  • En cada proba só se pode utilizar un único caderno de exame, ao que non se lle poderán arrincar nin engadir follas. 


MATERIAL ESPECÍFICO:

  • DNI ou documento identificativo oficial: pasaporte, permiso de residencia etc. 
  • Resgardo da matrícula e xustificante de pagamento. 
  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra. 
  • Material axeitado para realizar os exercicios que impliquen deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas, así como o dicionario de latín-español, latín galego,  grego-español ou grego-galego e unha calculadora.
  • Non está permitido na aula ningún tipo de reloxos, dispositivos que emitan ou reciban radiofrecuencias, teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico, agás os explicitamente aprobados pola CiUG por razóns médicas de xeito individual, na correspondente resolución á solicitude de adaptación do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo. 
  • Todo o estudantado deberá manter os pavillóns auditivos despexados para verificar que non usan dispositivos non permitidos. 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS:
  • 11 de xuño (convoc.ordinaria)
  • 9 de xullo (convoc.extraordinaria)


TARXETA DE CUALIFICACIÓN: 
A tarxeta definitiva recibirase por correo electrónico, se non se presentou reclamación, a partir do:
  • 17 de xuño (convoc.ordinaria)
  • 5 de xullo (convoc.extraordinaria)


REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS:
  • O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións: do 12 ao 16 de xuño para a convocatoria ordinaria e do 10 ao 14 de xullo para a extraordinaria (ata as 14.00 horas). 
  • A través de NERTA. Ver procedemento na convocatoria.
  • Para consultar os exames poderá realizarse a solicitude o 19 e 22 de xuño para a convocatoria ordinaria e o 17 e 20 de xullo para a extraordinaria (ata as 14.00 horas) presentando o formulario correspondente nun LERD ou remitindo por correo electrónico ao LERD correspondente o formulario. 
  • Os exames revisados poderanse ver o 25 de xuño para a convocatoria ordinaria e o 22 de xullo para a extraordinaria ás 12:00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG). 


COMISIÓNS ALUMNADO NEAE:  Ver convocatoria, páx. 26 e 27


RESUMO DO CALENDARIO:






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...