Publicouse a Resolución do 16 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2024/25.
NOTA: TODA A INFORMACIÓN NA RESOLUCIÓN DO 16 DE ABRIL
INSTRUCIÓNS QUE SE PUBLICAN:
a) Proba que substitúe o requisito de titulación: anexo I.
b) Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática: anexo II.
c) Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais: anexo III.
d) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño: anexo IV.
e) Ensinanzas artísticas superiores de Música: anexo V.
REQUISITOS ACADÉMICOS:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
- Título de Bacharelato. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel.
- Título universitario.
- Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores.
- Estar en posesión dun título de técnico superior.
- Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos (16 no caso de Música), ter superada unha proba de acceso (Proba substitutiva dos requisitos de titulación).
2º Superar unha Proba específica de aptitudes:
- Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. .
- De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de ensinanzas artísticas superiores terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.
INSCRICIÓN:
- Prazo comprendido entre o 26 de abril e o 21 de maio de 2024.
- As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros
- Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
- Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
- Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro.
- Prezo: 64 euros.
PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DOS REQUISITOS DE TITULACIÓN):
- Celebrarase o día 30 de maio de 2024 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
- Ver horarios e características da proba na Resolución do 16 de abril de 2024 (Anexo I).
- Publicación da listaxe definitiva de persoas que superaron a proba: 4 de xuño nos taboleiros de cada centro e no portal http://www.edu.xunta.gal. Reclamacións 5 e 6 de xuño.
- A proba ten validez permanente en todo o estado.
PROBA ESPECÍFICA:
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos da resolución
- A superación da proba específica faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado.
MATRÍCULA:
As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados nos anexos da resolución.
- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música e se regula a proba específica.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
No hay comentarios:
Publicar un comentario